Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2022-2023
Resolución da XI edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos! da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.
A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XI edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os seguintes galardóns:
Categoría 1: 2º ciclo de educación infantil |
1º Premio |
Tonino. Un pingüín en Ames - EEI do Milladoiro, Ames (A Coruña) |
Accésit |
Non fai falta a voz - CEE A Barcia, Santiago de Compostela (A Coruña) |
|
Categoría 2: 1º e 2º de educación primaria |
1º Premio |
O cascabel da gata - CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, Ponteareas (Pontevedra) |
Accésit |
A princesa do Caurel - CEIP A Canicouva, Vigo (Pontevedra) |
|
Categoría 3: 3º e 4º de educación primaria |
1º Premio |
Sígueme - CEIP Padre Feijoo, Allariz (Ourense) |
Accésit |
A Princesa do Caurel - CEIP Plurilingüe Virxe do Carme, Sober (Lugo) |