Resolución do 4 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convocan os Premios Educativos Innovagal para o curso 2023/24
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 4 de xullo de 2023 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia durante o curso 2023/24.
Establécense dúas categorías de participación:
- Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
- Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.
Poderán concorrer os centros anteriormente citados que impartan e presenten proxectos vencellados ás ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación de persoas adultas e bacharelato.
Os centros poderán presentar as súas candidaturas dende o día posterior á publicación desta resolución no Portal Educativo ata o día 6 de outubro.
Resolución do 4 de xullo de 2023 Anexo I. Liñas temáticas Anexo II. Solicitude Anexo III. Modelo de memoria descritiva Anexo IV. Autorización para o uso de imaxe de menores Anexo V. Folla de autobaremación Anexo VI. Baremo Listaxe provisional de candidaturas Corrección de erros á listaxe provisional de candidaturas admitidas e excluídas Resolución do 3 de xaneiro de 2024