Resolución provisional da selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek
Lun, 10/07/2023 - 13:05
Achégase a Resolución provisional de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.
Ábrese un prazo de 3 días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación, para efectuar reclamacións ou renuncias.