Gallego

Concurso xeral de traslados dos corpos de persoal docente non universitario dependente da Consellería competente en materia de educación 2023

Gallego

Xúntase a Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores especialistas en sectores singulares de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación (código de procedemento ED012A)

O prazo de presentación de solicitudes do concurso de traslados, mediante o procedemento normalizado ED012A, será desde o día 14 de novembro ata o 4 de decembro de 2023, ambos os dous incluídos. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes.

 

File: 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de novembro ata o día mércores 15 de novembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de novembro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (598) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de novembro ata o día mércores 15 de novembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de novembro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de novembro ata o día mércores 15 de novembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de novembro de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do programa educativo “EduReferentes” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24

c
Gallego

Xúntase a Resolución do 25 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo “EduReferentes” dirixido a centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do Concurso-Exposición sobre Luísa Villalta, a Autora Homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.

  • Categoría A: educación infantil e primaria
  • Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 19 de xaneiro de 2024.

 

Departamento: 

Sección: 

IV edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023-2024

inclusion
Gallego

Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a IV edición do programa educativo Talentos Inclusivos dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023-2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

ORDE do de 2023 pola que se da continuidade ao programa de innovación educativa Polos creativos e se establecen instrucións para o seu desenvolvemento

Gallego

O programa de innovación educativa Polos creativos desenvolverase ao longo deste curso 2023-2024 de xeito gradual, e estará dotado dun completo e moderno equipamento tecnolóxico especializado na adquisición do pensamento computacional e habilidades STEM, de resolución de problemas e creatividade. O avanzado deseño do mesmo, en forma de módulos complementarios, fomentará no noso alumnado unha aprendizaxe competencial, activa e manipulativa, afondando nos problemas reais que afectan a nosa sociedade e buscando a resolución creativa dos mesmos baixo diferentes olladas.

 

Recibirán esta dotación todos os centros dependentes da CCEFPU que impartan 2º ciclo de EI, EP ou ESO, así como os centros privados sostidos con fondos públicos nestes niveis educativos.

 

Este equipamento, que poderá contar cun espazo propio ou usarse de xeito modular en diferentes espazos educativos, estará ao dispor de toda a comunidade: alumnado, docentes, familias e sociedade local; promovendo unha aprendizaxe entre iguais mediante actividades orientadas cara a investigación, a indagación e a creación artística e musical baixo unha colaboración plena entre todos os niveis educativos.

 

Cada centro contará co equipamento que corresponda aos niveis educativos que imparta e ao número de alumnado en cada un deles. En breve publicaranse as instrucións precisas para o desenvolvemento deste programa.

 

O Polo creativo será unha gran oportunidade de mellora dos centros, un paso máis aló para seguir avanzando cara a dixitalización plena e a transformación educativa dentro da Estratexia de Educación Dixital 2030. Para acadar o éxito esperado todos os centros contarán co apoio especializado da Rede de Formación do Profesorado e cunha persoa mentora específica que acompañará todo o proceso de implantación e formativo.

 

Departamento: 

Colectivo: 

Axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24

Gallego

Adxúntase a ORDE do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24 (código de procedemento ED516B).

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 13 de novembro de 2023.

 

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24

Gallego

Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas do Programa Retorna Talento FP 2023/24.

O prazo de emenda de documentación estará aberto ata o día 16 de outubro ás 23:59:59 hora peninsular española.

Tema: 

Colectivo: