Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)
Publícase a resolución do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de novembro ata o día mércores 15 de novembro de 2023, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de novembro de 2023.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
Resolución do 8 de novembro de 2023 convocatoria corpo 590
Resolución provisoria do 16 de novembro de 2023 590107-109-227
Baremo provisorio 590107-109-227
Listaxe provisoria de persoas excluídas 590107-109-227
Resolución provisoria do 17 de novembro de 2023 590123-124-125-205-206-231
Baremo provisorio 590123-124-125-205-206-231
Listaxe provisoria de persoas excluídas 590123-124-125-205-206-231
Resolución provisoria do 22 de novembro de 2023 (590102)
Baremo provisional persoas admitidas 590102
Listaxe provisoria de persoas excluídas 590102
Resolución definitiva do 23 de novembro de 2023 (590107-109-227)
Baremo definitivo persoas admitidas 590107-109-227
Listaxe definitiva de persoas excluídas 590107-109-227
Resolución definitiva do 24 de novembro de 2023 (590123-124-125-205-206-231)
Baremo definitivo persoas admitidas (590123-124-125-205-206-231)
Listaxe definitiva de persoas excluídas (590123-124-125-205-206-231)
Resolución definitiva do 29 de novembro de 2023 (590102)
Baremo definitivo persoas admitidas 590102
Listaxe definitiva de persoas excluídas 590102