Gallego

Resolución provisional da Comisión designada no procedemento de integración do profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional no corpo de profesores de ensino secundario

Gallego

Xúntase a Resolución do 21 de agosto de 2023 da Comisión designada no procedemento para que o profesorado do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario (código de procedemento ED021A) pola que se declara deserto de xeito provisional esta nova convocatoria e se aproba e publica a relación de persoas que se exclúen provisionalmente convocado mediante a Orde do 17 de xaneiro de 2023.

O persoal interesado, que figura no anexo I da citada resolución, poderá presentar reclamación obrigatoriamente por medios electrónicos, mediante o trámite "alegacións" incardinado no procedemento ED021A, no prazo comprendido entre o día 22 de agosto ata o 4 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.

Tema: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594)

Gallego

Publícase a resolución do 21 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de catedráticos de música e artes escénicas (593) e do corpo de profesores de música e artes escénicas (594) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ martes día 22 de agosto ata o día luns 4 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ martes día 22 de agosto de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 21 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ martes día 22 de agosto ata o día luns 4 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ martes día 22 de agosto de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A)

Gallego

Publícase a resolución do 21 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ martes día 22 de agosto ata o día luns 4 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ martes día 22 de agosto de 2023.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

4º. Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o 2023

Gallego

Programa: Axudas de apoio á etapa predoutoral 

Data de publicación DOG:  18/08/2023

Código do procedemento: ED481A

Prazo de presentación de solicitudes: o prazo será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao de publicación da orde no DOG ( ata o 18/09/2023, incluído).

Cal é o obxecto destas axudas?

A contratación de persoal nas súas etapas iniciais constitúe a base para que, mediante procesos formativos estables, se adquiran as habilidades propias do persoal investigador, e ademais permite lograr que o sistema alcance unha dimensión dos seus recursos humanos de investigación comparable a outros países europeos.

Quen pode solicitar estas axudas?

  • A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).

  • A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.

Tipo e intensidade da axuda:

  • Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva

  • Tipo de axuda: axuda a fondo perdido

  • Intensidade da axuda: 100 %

  • Duración das axudas: un máximo de 4 anos

  • Orzamento total: 11.770.800,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 1.384.800,00 euros)

Número e importe das axudas

  • Poderanse conceder un máximo de 102 axudas: 90 para as universidades do SUG e 12 para as demais entidades.

  • O importe máximo de cada axuda é de:

  • 24.000 € anuais durante os tres primeiros anos de contrato

  • 29.000 € durante o cuarto ano

  • 30.000 € no caso de que a persoa candidata acceda ao contrato de capacitación para a formación posdoutoral

Estes importes só poderán ir destinados ao financiamento dos contratos das persoas seleccionadas, incluíndo os seus custos sociais.

  • As estadías no estranxeiro de tres meses de duración terán un importe máximo de 6.000 €, en función do destino da estadía, de acordo coa seguinte distribución:

  • Zona 1: 2.000 €, se a estadía se realiza en Portugal ou Andorra.

  • Zona 2: 4.000 €, se a estadía se realiza en Europa (agás Portugal e Andorra), África ou América (agás EUA e Canadá).

  • Zona 3: 6.000 €, se a estadía se realiza en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía.

  • Establécese un complemento de 1.000 € anuais por axuda para cubrir os gastos asociados á contratación e para o seguro durante o período de estadía.

  • En aplicación do artigo 22.1, letra g) da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, á finalización do contrato por expiración do tempo convido, a persoa traballadora terá dereito a percibir unha indemnización de contía equivalente á prevista para os contratos de duración determinada no artigo 49 do texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores. Para cubrir o custo da indemnización ao remate do contrato, incluirase unha axuda total de 3.400,00 euros

 

A onde acudir?

Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia:

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES

SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA

SERVIZO DE PLANIFICACIÓN E ESTRUTURACIÓN DA INVESTIGACIÓN

San Caetano, s/n

15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881995152 / 881995980 Fax: 881999135

Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

Información web: http://www.edu.xunta.gal

Para solicitudes dos organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

Rúa Airas Nunes, s/n

15702 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881999213 / 981543991

Email: axudas.gain@xunta.gal

Información web: http://gain.xunta.gal

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia

Gallego

Xúntase a Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

  • O prazo para presentar solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán desde o día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG) e finalizará ás 23.59.59 horas (hora peninsular española) do día en que finalice o dito cómputo.

 

Colectivo: 

Orde pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería

Gallego

Xúntase a Orde pola que se resolve o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación para cubrir prazas de persoal asesor nesta consellería.

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional de profesor/a especialista en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable (590718)

Gallego

Xúntase a Resolución do 8 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproban e se fan públicas a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor/a especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable (código 590718) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
  • Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
  • Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas.

Colectivo: 

Resolución definitiva de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2023/24 e instrucións toma de posesión

Gallego

Xúntase Resolución do 2 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se publica a adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o próximo curso académico 2023/24 ao persoal dos corpos docentes que non teña destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, ao que resulte desprazado por falta de horario, ao que se lle conceda unha comisión de servizos por concellaría, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino ou substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo de acordo co establecido no artigo 37.d) da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destinos provisionais (DOG núm. 113, do 14 de xuño) e o punto quinto da Resolución do 8 de xuño de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 116, do 20 de xuño) da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Unha vez publicada no DOG a resolución de adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición contra a citada resolución contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o código de procedemento ED002B.

Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

 

Colectivo: 

Relación de solicitudes admitidas e excluídas da concesión de comisións de servizo por motivos de saúde por causas sobrevidas 2023/24

Gallego

Publícanse as relacións das solicitudes admitidas e excluídas das comisións de servizos por motivos de saúde por causas sobrevidas de mestres, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial para o vindeiro curso 2023/24.

Colectivo: