Gallego

Convocadas as axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso académico 2023/24

Gallego

Orde do 14 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2023/24 (código de procedemento ED421A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocase procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica e de relixión secundaria, especialidade relixión evanxélica

Gallego

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións do corpo de profesores de relixión de primaria, especialidade relixión evanxélica (701402) e de relixión secundaria, especialidade relixión evanxélica (702403), (código de procedemento ED003A).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o luns día 25 de setembro de 2023 ata o día 29 de setembro de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación xunto co impreso de autobaremación de méritos, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.

4º Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do programa educativo "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais"

c
Gallego

Resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca o programa educativo Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Colectivo: 

Sección: 

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2023/2024

Gallego

Un curso máis, ponse ao dispor dos centros docentes e as ANPAS-AFAS o Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e na súa contorna desenvolvido pola Secretaría de Estado de Seguridade, oferta que pon de manifesto o compromiso da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante e solidaria.
 

Neste novo curso, o Plan Director, impulsado desde a Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, amplía a súa oferta de charlas informativas/formativas, destinadas tanto ao alumnado, como ao profesorado e ás familias, sobre temáticas relacionadas coa protección de menores e adolescentes e o seu dereito á seguridade persoal, tratando problemáticas como a ciberseguridade, o acoso escolar, a violencia sobre a muller, as drogas e o alcol, as novas adiccións, os delitos de odio e discriminación, a prevención dos delitos sexuais..., charlas que son impartidas por axentes e expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.
 

Para poder participar, achégase a seguinte documentación:

Novidades no inicio de curso sobre a aplicación PROENS e a formación sobre deseño curricular

Gallego

Neste curso 2023/24 complétase a implantación das ensinanzas LOMLOE nas etapas de primaria, secundaria e bacharelato coa entrada dos novos currículos nos cursos pares.

O profesorado, para cumprir coa función de planificar as ensinanzas que ten encomendadas, seguirá a contar coa aplicación de programacións Proens como ferramenta de axuda neste labor, así como cunha serie de documentos para orientar o seu traballo de planificación do curso académico.

Nas programacións didácticas dos cursos impares, este curso a aplicación Proens permitirá recuperar as programacións elaboradas no curso anterior no propio centro ou elaboradas pola/o docente noutro centro, o que facilitará o deseño das programacións no caso de que a docente ou o docente soamente desexe introducir pequenas modificacións ou axustes de cara ao curso 2023/24. Tamén permitirá partir dun modelo baleiro ou empregar a programación que a modo de exemplo orienta sobre os diferentes apartados que conformar a programación didáctica.

Nas programacións didácticas das novas materias dos cursos pares, para facilitar o labor docente a aplicación Proens contará con programacións exemplo de axuda.

Tamén, na liña de axudar e orientar ao colectivo de docentes a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa publicou recentemente O manual de axuda para a elaboración das programacións didácticas, manual con explicacións e exemplos para axudar e guiar na planificación do proceso de ensino e aprendizaxe.

Nova versión de Proens

A aplicación Proens segue a mellorar e configurar novas funcionalidades de cara a facilitar a elaboración da documentación que ao longo do curso debe xestionar o profesorado coa finalidade de recoller as evidencias e as decisións en torno ao proceso educativo do alumnado.

Nos vindeiros días a aplicación Proens actualizarase á unha nova versión, incorporando melloras e algunhas novidades, entre as que se destacan a nova funcionalidade de elaboración das adaptacións curriculares individualizadas, permitindo reducir, suprimir ou modificar os criterios de avaliación e os contidos na programación didáctica en cada unha das áreas ou materias.

Esta nova versión tamén permitirá elaborar programacións didácticas do bacharelato no réxime de adultos a partir dos correspondentes currículos e elaborar programacións de ámbitos e de materias de forma independente nun mesmo nivel educativo da ESO no caso de que nalgún grupo se solicitara a creación de ámbitos con varias materias, e que debe contar cunha programación diferente do dito ámbito.

Completarase o apartado 10. Anexo coa información do currículo das áreas/materia para que o profesorado poida consultar dun xeito cómodo a introdución, os obxectivos e a súa descrición, e as liñas de actuación.

Outras melloras que presentará esta versión é a incorporación dunha caixa de texto libre na pantalla 2. Obxectivos e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias para xustificar, de ser o caso, a ampliación de relación dos obxectivos coas competencias clave e na pantalla 7.2. Actividades complementarias permitirá a vinculación da actividade cos trimestres.

Formación do profesorado

Co obxectivo de que o profesorado coñeza os novos currículos e os principais cambios e novidades introducidos pola normativa nas diferentes etapas educativas, a Rede de formación de profesorado propón diferentes accións na procura dun itinerario formativo enmarcado nas competencias relacionadas co deseño curricular.

Así, o próximo 30 de setembro realizarase unha Xornada de Aproximación aos novos currículos, de 8 horas de duración, co obxectivo de contextualizar o currículo a partir do novo modelo de currículo galego e de reflexionar e analizar os cambios introducidos pola LOMLOE. Prazo de inscrición aberto ata o 15 de setembro.

Os cursos de formación en rede Planificación do proceso de ensino e aprendizaxe a través de PROENS. Educación infantil e primaria e Planificación do proceso de ensino e aprendizaxe a través de PROENS. Educación secundaria, cunha duración de 40 horas cada un, permitirán que arredor de 2000 docentes coñezan e integren a aplicación Proens na planificación do proceso de ensino e aprendizaxe das súas áreas e materias aprendendo o seu manexo e experimentando coas diferentes funcionalidades. Estes cursos supoñen unha formación complementaria ao curso Elaboración de programacións coa aplicación PROENS ofertado no plan de formación 2022/23 ao estar centrado non so no manexo da propia aplicación senón tamén na abordaxe dos contido dos diferentes apartados que conforman a programación, o seguimento e outras opcións que ofrece a aplicación. Prazo de inscrición aberto ata o 15 de setembro.

Documentos de interese

A páxina principal da aplicación Proens presenta documentos de interese de cara ao emprego da aplicación Proens. Tamén informa das novidades e das diferentes actualizacións que se van acometendo.

Neste inicio de curso, os centros poden atopar nesa páxina principal os seguintes documentos:

  • Configuración Xade para acceso á aplicación Proens. Documento dirixido aos equipos directivos que recolle a explicación de como configurar XADE para que o profesorado poida acceder ás áreas/materias das que debe elaborar a programación na aplicación Proens.

  • O novo currículo galego e aplicación Proens . Información sobre o modelo de currículo galego explicando os elementos curriculares que conforman cada área, materia ou ámbito e as diferentes funcionalidades de Proens indicando o manexo da aplicación.

Colectivo: 

Convocatoria do curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2023

Gallego

Xúntase a Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o curso de formación para o desenvolvemento da función directiva no ano 2023 que acredita para o acceso a postos de dirección en centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.

  • O profesorado interesado en participar na convocatoria deberá realizar a inscrición na aplicación Fprofe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, (código da actividade G2301066) a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria e cun prazo de 10 días hábiles.

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral reguladas na Orde do 14 de xuño de 2023

Gallego

Xuntase a resolución de concesión das axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2023.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Axudas a centros privados concertados de Galicia para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24

Gallego

Xúntase a Orde do 14 de agosto do 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para atender ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24 (código de procedemento ED301I), publicada no DOG do 1 de setembro.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia,  remata o 2 de outubro. 

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para acreditar centros, coordinadores e titores para o prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas no curso 2023/24

Gallego

Xúntase a resolución do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.

  • Ábrese un prazo de dez días hábiles a partir do día da publicación deste anuncio para facer as solicitudes.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para acreditar centros, coordinadores e titores para o prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, no curso 2023/24

Gallego

Xúntase a resolución do 28 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica do profesorado técnico en formación profesional, na Comunidade Autónoma de Galicia, para o curso 2023/24.

Ábrese un prazo de dez días hábiles a partir do día da publicación deste anuncio para facer as solicitudes.

 

Tema: 

Colectivo: 

Sección: