Gallego

Convocatoria de participación no programa piloto de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes públicos durante o curso 2016/2017

Gallego

Achégase a Resolución do 2 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa piloto de innovación educativa “Club de Ciencia” para centros docentes dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria durante o curso 2016/17.

O prazo de presentación de solicitudes (anexo) e documentación será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na web desta consellería, e remitiranse ao correo electrónico: clubdeciencia@edu.xunta.es

Teléfonos de contacto:

Asesoría de Innovación Educativa:

  • 881 997 494
  • 881 997 598

Sección: 

Educación premia sete centros polos seus proxectos propios de formación do profesorado

O conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa

Os galardoados son o CRA Ponte da Pedra (Carballo), o IES da Pobra do Caramiñal, o CPI As Mirandas (Ares), o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada), o CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), e o CEIP Xosé Fernández López e o IES Pino Manso (ambos no Porriño)

Gallego
Educación premia sete centros polos seus proxectos propios de formación do profesorado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de galardoar sete centros escolares polos seus proxectos de formación do profesorado, que foron deseñados e implantados polos propios docentes no pasado curso. Trátase do CRA Ponte da Pedra (Carballo), do IES da Pobra do Caramiñal, o CPI As Mirandas (Ares), o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada), o CEP Antonio Magariños Pastoriza (Cambados), e os CEIP Xosé Fernández López e IES Pino Manso (ambos do Porriño).

Na súa intervención o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, destacou que a formación do profesorado é “un dos puntos cardinais da ensinanza” e xoga “un papel central” na calidade e na equidade do sistema. No caso de Galicia a formación dos docentes é unha das “fortalezas” do noso sistema educativo, sobre todo, –abondou o conselleiro–, pola aposta do Goberno galego “por manter e impulsar o papel da aprendizaxe permanente nos anos máis duros da crise”.

Román Rodríguez lembrou que tanto os datos reflectidos no ultimo informe PISA, que sitúan a Galicia nun lugar destacado no conxunto dos sistemas educativos, como a redución en máis de dez puntos da taxa de abandono educativo temperá –ata o 15,2%− non son froito da casualidade, senón do traballo dos profesores, dos equipos directivos e das familias.

Modelos referenciais a seguir

En referencia aos premiados, o conselleiro loou o traballo levado a cabo polos docentes dos sete centros presentes por deseñar “itinerarios á carta” en función do seu proxecto educativo e necesidades, convertendo aos centros “en organizacións capaces de aprender, crear e transferir coñecemento”. Segundo dixo, os traballos galardoados son “un modelo a seguir” e un “referente” para toda a comunidade educativa, pola súa creatividade e renovación, así como polas temáticas tan diversas como a intelixencia emocional, o fomento da convivencia, a aprendizaxe cooperativa, entre outras.

A través da Rede de Formación do Profesorado impulsada pola Consellería, o ano pasado organizáronse máis de 2.200 actividades formativas, cunha participación de máis de 20.000 docentes (o 60% do total); e a día de hoxe catro de cada dez centros escolares contan cun plan de formación propio. Actos coma o do hoxe teñen como obxectivo dar visibilidade ás boas prácticas docentes e fomentar a incorporación de máis centros a este tipo de proxectos que incorporan nova formas de pensar e novas ferramentas metodolóxicas, o que ten unha repercusión directa na mellora dos resultados docentes e da calidade educativa.

Descrición dos proxectos galardoados

O Centro Rural Agrupado, CRA, de Carballo (na Coruña) resultou galardoado como centro piloto nun proxecto de Educación Responsable que busca dar resposta ás necesidades formativas no eido da intelixencia emocional na aula e o fomento dos valores universais da convivencia. O proxecto involucrou a todo o claustro e ao equipo directivo do CRA, e mesmo contou coa participación das familias.

Baixo o título “Comer e contar todo é empezar”, o IES da Pobra do Caramiñal (A Coruña) levou a cabo un traballo interdisciplinar e coordinado por varios departamentos para afondar no traballo por competencias, estruturando secuencias que guían as actividades e elaboran produtos concretos para comunicar o aprendido por parte dos alumnos.

No CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos niveis educativos deste centro.

Na provincia de Lugo resultou galardoado o IES Plurilingüe Fontem Albei (A Fonsagrada), por un proxecto de desenvolvemento de competencias clave, en liña co establecido na Lomce. Neste senso, a formación do profesorado centrouse na aprendizaxe por proxectos, a gamificación, o Flipped classroom e o Mobile Learning.

Na provincia de Pontevedra foron tres os proxectos escollidos, entre eles o CEP Antonio Magariños Pastoriza (en Cambados), polo labor desenvolvido sobre Educación Emocional e Educación Responsable, das Fundacións Botín e Barrié en colaboración coa Consellería; e no que participou a totalidade do profesorado do colexio.

O IES Pino Manso (en O Porriño), foi galardoado por un proxecto de inclusión do alumnado con metodoloxías activas e recursos TICs. Desde 2010 os profesores deste centro estanse formando na Aprendizaxe Cooperativa, procurando a integración das TIC na práctica educativa, e tendo en conta a atención á diversidade e os cambios metodolóxicos.

Tamén no Porriño foi premiado o CEIP Xosé Fernández López, cun proxecto centrado na expresión plástica, que busca a motivación do alumnado desde infantil a primaria. Ademais, este centro acadou unha mención especial polo seu xeito de abordar as competencias profesionais docentes como modo para acadar a excelencia, o éxito escolar e a mellora educativa en xeral.

Colectivo: 

Sección: 

I Congreso Nacional de Neurociencia aplicada á Educación. 26, 27 e 28 de abril de 2017

Que é

Foro de encontro e discusión conxunto, para docentes e especialistas que difundan e compartan os seus coñecementos, experiencias e investigacións no ámbito da neurociencia aplicada á educación.

Datas e lugar

Datas: 26, 27 e 28 de abril de 2017

Lugar: salón de actos da Residencia de Estudantes de Madrid.

Destinatarios/as

  • Docentes das etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
  • Estudantes de Grao en Maxisterio e estudantes do Máster de Formación do Profesorado.

Obxectivos

  • Impulsar e promover a neurociencia aplicada á educación a través da presentación do Plan Nacional de Neurociencia aplicada á Educación do MECD.
  • Difundir e compartir coñecementos, investigacións, experiencias, iniciativas e boas prácticas, tanto institucionais como persoais, no ámbito da neurociencia aplicada á educación.
  • Formar ao profesorado das etapas educativas non universitarias e aos futuros docentes neste campo para que melloren as súas competencias profesionais docentes.
  • Proporcionar un foro de encontro e discusión que permita difundir e compartir os seus coñecementos, experiencias e investigacións sobre a aplicación da tecnoloxía para mellorar o rendemento académico do alumnado.
  • Potenciar e promover a utilización dos recursos tecnolóxicos como medio para alcanzar unha educación de calidade para todos e desde todas as áreas/ámbitos de aprendizaxe.

Áreas temáticas

  • Introdución e coñecemento da Neurociencia aplicada á educación.
  • Coñecemento do funcionamento do cerebro na adquisición da linguaxe e as funcións executivas.
  • Prevención e detección temperá de distintas dificultades da aprendizaxe.
  • Medidas de atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe e con altas capacidades.
  • Medidas de atención á diversidade (organización de centros, metodoloxías de aula, recursos de apoio e accesibilidade).
  • Formación inicial e permanente do profesorado para mellorar a súa actuación docente.

Proximamente publicarase o programa provisional.

Prazo de inscrición

Desde o 1 ata o 31 de marzo de 2017.

Gallego
Logo Congreso Neurociencia

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Actividades formativas de MeteoGalicia

Que é

MeteoGalicia ofrece aos centros docentes galegos diversas actividades co fin de achegar ao alumnado distintos coñecementos de Meteoroloxía e Climatoloxía.

Estas actividades inclúen, entre outras, sesións formativas, conferencias e visitas ás estaciones meteorolóxicas e de calidade do aire.

 

Actividades

  • Sesión formativa sobre Meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos en MeteoGalicia
  • Lanzamento dunha radiosondaxe
  • Conferencia sobre contaminación ambiental e visita á estación de calidade do aire
  • Conferencia sobre ruído ambiental
  • Visita a unha estación meteorolóxica
  • 23 de marzo, xornada de portas abertas polo día meteorolóxico mundial

Solicitudes

Pódese solicitar calquera de estas actividades nesta ligazón web.

Gallego
Logo Meteogalicia

Tema: 

Colectivo: 

Axuda de Froita escolar. Aclaración

Uso da castaña para o curso 2016/2017:

Para evitar as confusións que se están a producir nos últimos días en distintos medios, convén aclarar que a castaña non está incluída na lista de produtos autorizados para o curso 2016/2017.

Estase a traballar para a súa inclusión no curso 2017/2018, pero no actual programa debe quedar claro que a castaña non é elixible.

Gallego
Logo Diario Oficial de Galicia

Sección: 

Case 91.000 alumnos participan este curso nas actividades do Plan Proxecta

A Consellería de Cultura e Educación vén de resolver a convocatoria desta iniciativa, que implica este ano a 428 centros de ensino e a un 10% máis de alumnos

O obxectivo é avanzar no desenvolvemento da innovación educativa a través do traballo por proxectos

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de resolver a convocatoria do Plan Proxecta para o curso 2016/17, no que 90.939 alumnas e alumnos (un 7% máis ca no curso anterior) se implicarán nalgún dos 41 programas diferentes que compoñen esta iniciativa. En total participan no Proxecta 428 centros de ensino, que desenvolverán 791 proxectos distintos coa colaboración de máis de 5.300 docentes.

Por provincias, 150 centros de ensino coruñeses desenvolverán 275 proxectos, e 65 centros lucenses realizarán 133. En Ourense o número de centros participantes é de 58, que desenvolverán 110 proxectos; mentres que en Pontevedra están implicados 155 centros, cun total de 273 iniciativas. A relación de colexios que desenvolven cada programa pode consultarse no Diario Oficial de Galicia, no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161228/AnuncioG0164-201216-0005_gl.html .

Por número de centros participantes, os programas máis exitosos son ‘PDC (proxecto deportivo de centro)’, con 185 centros participantes; ‘Aliméntate ben’, con 80; ‘Aulas I+I: Inclusivas e Igualitarias’, con 45 centros implicados; e as iniciativas ‘MeteoEscolas’ e ‘Proxecto Terra’, con 40 cada unha delas. Pode obterse información sobre os 41 programas no portal educativo, no enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta  .

No curso 2015/16 participaron no Plan Proxecta 418 centros de ensino, 85.286 alumnos e 5.289 profesores.

Novidades

Este curso 2016/17 incorporáronse nove novos programas, dos que tres son impulsados por Cultura e Educación:  ‘Proxectos de innovación en dinamización lingüística’, un programa de fomento da innovación nos impulsos educativos innovadores que impliquen o uso da lingua galega e o coñecemento cultural que garanta a plena competencia comunicativa; ‘Cined’, para o fomento do coñecemento do patrimonio audiovisual europeo; e ‘Educación en valores e cidadanía global’, de promoción e defensa dos dereitos da infancia e do exercicio da cidadanía global e responsable.

Outras tres das nove iniciativas novas son impulsadas polo departamento de Política Social. ‘Voluntariado miúdo’ promove a adquisición de competencias a través de proxectos de acción voluntaria que permitan fortalecer a educación en valores solidarios dende realidades concretas adaptadas ás idades do alumnado, mentres ‘Aulas I+I’ é un programa que desenvolve estratexias a prol da inclusión das persoas con capacidades diferentes nas aulas. Pola súa parte, ‘Conecta Cultura’ ofrece un marco de reflexión e acción para dotar de ferramentas didácticas a abordaxe positiva da multiculturalidade co fin de convertela en interculturalidade.

Proxectos socioeducativos e condutas seguras

Desenvolvido pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ‘+Comunidade’ é un proxecto de intervención socioeducativa centrada no coñecemento, análise e actuación práctica, desde unha perspectiva cooperativa e de xénero, sobre as problemáticas socioambientais locais e a súa relación co contexto global, coa finalidade de xerar alternativas concretas de actuación entre o alumnado e o profesorado para a construción dunha cultura máis sostible.

‘Moitavista na Escola’, da Consellería de Economía, Emprego e Industria ten como fin sensibilizar o alumnado sobre a importancia da prevención de riscos asociados á contorna escolar e promoción de condutas seguras e saudables; mentres que ‘Xente con Don’, da de Sanidade, é un programa de prevención de prácticas sexuais de risco na mocidade e loita contra o estigma e a discriminación das persoas afectadas por infeccións de transmisión sexual.

Ademais destas novas incorporacións, reformuláronse distintos programas co fin de darlle un maior aproveitamento ao traballo por proxectos e á cooperación interinstitucional. Deste xeito ofértanse renovados ‘Aliméntate ben’, que afonda no tratamento dos principios alimentarios coa participación da Consellería de Sanidade; e ‘PDC – Centros activos e saudables’, que unifica os programas de vida activa a través dun único programa deportivo con distintas modalidades no seu interior. Tamén se reformulan ‘Protexe o teu medio’ e ‘Quérote+’, co fin de mellorar os seus obxectivos.

Tema: 

Sección: 

Lanzamento da versión en galego do libro “Proxetos eTwinning Galiza-Portugal”

En que consiste

Son 18 ideas para proxectos a desenvolver entre centros educativos galegos e portugueses, elaboradas por 24 docentes de distintas especialidades de ambas as beiras do Miño.

Finalidade

Introducir a colaboración internacional no traballo por proxectos das nosas aulas.

Organismos responsables

A embaixada eTwinning Galicia.

A publicación foi financiada polo EDLG do IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Gallego
Portada Proxectos eTwinning Galicia-Portugal

Colectivo: 

Proxecto UNA ESCUELA PARA TOD@S: inclusión educativa de alumn@s con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Que é

O Proxecto "UNA ESCUELA PARA TOD@S: inclusión educativa de alumn@s con Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual" foi presentado á convocatoria “Tu proyecto. Nuestro proyecto” de Honda.

Obxectivo

O obxectivo do proxecto é promover e facilitar a inclusión escolar do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na escola ordinaria.

Para chegar á fase final, o proxecto debe quedar entre os 10 proxectos máis votados, pero aínda non se acadaron os votos suficientes.

Para votar

Se desexas apoiar o proxecto os pasos para votar son os seguintes:

1º paso: clicar na ligazón http://www.hondatuproyectonuestroproyecto.com/sumate_detalle.php?id=235

2º paso: clicar no recadro "SÚMATE" (que aparece en amarelo), no lado dereito da páxina

3º paso: cumprimentar cos teus datos e pinchar en "ENVIAR" (pódese realizar un voto por cada dirección de correo electrónico diferente)

4º paso: será enviado ao teu correo electrónico unha ligazón. Súmate ao noso proxecto clicando en "APROBAR"

Se ademais de sumarte ti, consideras de interese difundir a nosa iniciativa entre os teus contactos, estaremos moi agradecidos.

Prazo

O prazo para votar remata ás 15:00h do 09 de xaneiro de 2017.

Gallego
Logo Down Galicia

Sección: 

AulaCorto: curtos e guías didácticas para centros docentes

Que é AulaCorto?

É un portal de cinema para centros docentes que serve de apoio ao ensino en Educación Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.

Obxectivo

Ofrecer á comunidade educativa a curtametraxe como ferramenta para a aula dunha forma legal, ordenada e online. A selección de curtametraxes trata diversos temas, traballando a formación en valores, a educación audiovisual e o entretemento e ofrece curtametraxes (con guías de aprendizaxe) que poden ser usados gratuitamente nos centros docentes. Un sinxelo rexistro permítenos empezar a utilizar todos os recursos.

Contidos

Existe un catálogo de 30 curtametraxes. Cada un inclúe o seu guía didáctica e unha serie de orientacións e etiquetas para facilitar o traballo dos/as docentes. Adoitan ser transgresores e entretidos, polo que conectan facilmente co alumnado.

Todos os contidos poden ser proxectados e usados nas aulas. Cada centro educativo poderá ter tantos accesos como docentes rexistrados/as.

Como funciona

Para acceder ao visionado dos curtos e á guía didáctica, o/a docente ten que rexistrarse, gratuitamente, na pestana "rexistro", desde unha conta de correo electrónico do seu centro educativo. Recibirá un correo electrónico co seu contrasinal.

Destinatarios/as

Docentes de educación primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional.

Organismos responsables

Este portal educativo foi creado polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, e coordinado polas tres asociacións do mundo da curtametraxe: Plataforma Novos Realizadores (PNR), Asociación de Industria da Curtametraxe (AIC) e Coordinadora da Curtametraxe Española.

Gallego
Logo AulaCorto

Cinema en curso

O programa

‘Cinema en curso’ é un programa estrutural de pedagoxía do cinema en centros de primaria e de secundaria. Iniciado en 2005 en Cataluña, actualmente tamén se desenvolve en Galicia, Madrid, Arxentina, Chile e Alemaña.

Un dos principais eixes de Cinema en curso son os talleres, que se desenvolven con alumnado de entre 8 e 18 anos ao longo de todo un curso, dentro do horario lectivo. Son impartidos conxuntamente por un equipo de docentes e un/unha cineasta. Nos talleres, o alumnado ve cinema de autores moi diversos e desenvolven diversas prácticas que culminan coa realización dunha curtametraxe documental ou de ficción.

Todos os procesos son colectivos: a documentación e o guión elabóranse entre todo o grupo; durante a rodaxe os cargos distribúense rotativamente de xeito que todo o alumnado desempeña cada unha das funcións (dirección, cámara, sonidista, script...); a montaxe faina todo o grupo.

Obxectivos

  • Propiciar o descubrimento por parte do alumnado do cinema entendido como arte, creación e cultura.
  • Desenvolver as potencias pedagóxicas da creación cinematográfica no contexto educativo.

Eixos principais

  • A presenza regular e continuada de cineastas nos centros docentes impartindo obradoiros xunto ao profesorado, dentro do horario lectivo.
  • A articulación do descubrimento da arte cinematográfica a partir dunha metodoloxía que vincula estreitamente a práctica creativa co visionado de filmes.
  • A formación do profesorado.

A construción do proxecto como laboratorio de investigación aplicada: espazo de experimentación e reflexión. A partir da análise das experiencias dos obradoiros, o equipo de cineastas e de docentes xera propostas, materiais e metodoloxías extensibles a contextos educativos diversos.

Gallego
Logo cinema en curso

Tema: 

Sección: