Título node Learning object
I Congreso Nacional de Neurociencia aplicada á Educación. 26, 27 e 28 de abril de 2017
Xov, 12/01/2017 - 09:51
Que é
Foro de encontro e discusión conxunto, para docentes e especialistas que difundan e compartan os seus coñecementos, experiencias e investigacións no ámbito da neurociencia aplicada á educación.
Datas e lugar
Datas: 26, 27 e 28 de abril de 2017
Lugar: salón de actos da Residencia de Estudantes de Madrid.
Destinatarios/as
- Docentes das etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato
- Estudantes de Grao en Maxisterio e estudantes do Máster de Formación do Profesorado.
Obxectivos
- Impulsar e promover a neurociencia aplicada á educación a través da presentación do Plan Nacional de Neurociencia aplicada á Educación do MECD.
- Difundir e compartir coñecementos, investigacións, experiencias, iniciativas e boas prácticas, tanto institucionais como persoais, no ámbito da neurociencia aplicada á educación.
- Formar ao profesorado das etapas educativas non universitarias e aos futuros docentes neste campo para que melloren as súas competencias profesionais docentes.
- Proporcionar un foro de encontro e discusión que permita difundir e compartir os seus coñecementos, experiencias e investigacións sobre a aplicación da tecnoloxía para mellorar o rendemento académico do alumnado.
- Potenciar e promover a utilización dos recursos tecnolóxicos como medio para alcanzar unha educación de calidade para todos e desde todas as áreas/ámbitos de aprendizaxe.
Áreas temáticas
- Introdución e coñecemento da Neurociencia aplicada á educación.
- Coñecemento do funcionamento do cerebro na adquisición da linguaxe e as funcións executivas.
- Prevención e detección temperá de distintas dificultades da aprendizaxe.
- Medidas de atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe e con altas capacidades.
- Medidas de atención á diversidade (organización de centros, metodoloxías de aula, recursos de apoio e accesibilidade).
- Formación inicial e permanente do profesorado para mellorar a súa actuación docente.
Proximamente publicarase o programa provisional.
Prazo de inscrición
Desde o 1 ata o 31 de marzo de 2017.