Convocadas as licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/14 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as súas bases de concesión.
Ven, 14/06/2013 - 14:42
Licenzas estudo
Licenzas estudo

O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o día 15 de xullo de 2013

Destinatarios:

O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, destinadodurante o próximo curso 2013-2014 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección Educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos

Os candidatos, agás para as licenzas non retribuídas que unicamente deben cumprir os tres primeiros puntos, deben reunir os seguintes requisitos:

1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos: 2011-2012 e 2012-2013, e no 2013-2014 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

2. Teren, como mínimo, dous anos de antigüidade como persoal docente de carreira nos corpos e nas escalas que se establecen no artigo 1 desta orde. Para estes efectos computaranse os servizos ata o 31 de agosto de 2013. Para a modalidade 6, terá preferencia o profesorado con destino definitivo no centro educativo durante o curso 2013-2014.

3. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2013-2014,agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores.

4. Obteren como mínimo oito puntos no epígrafe 1 do baremo que figura no anexo III desta convocatoria.

5. A obtención da licenza é incompatible coa participación simultánea en programas europeos, estadías formativas en empresas e actividades formativas no estranxeiro ofrecidas á marxe desta convocatoria. A persoa solicitante que obteña praza en calquera destas convocatorias deberá notificalo urxentemente e por escrito á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Modalidades:

Convócanse dous tipos de licenzas por estudos: retribuídas e sen retribución.

A) As licenzas non retribuídas terán unha duración de seis ou doce meses ininterrompidos.  

B) As modalidades de licenza retribuída son:

Modalidade 1: proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 2: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais en primaria e secundaria. Duración de un a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.

Modalidade 3: proxecto individual para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.

Modalidade 4: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares para as ensinanzas de formación profesional. A duración será trimestral.

Modalidade 5: grupo de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado. Duración de un a tres meses.

Modalidade 6: perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.

Dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario para promover dun xeito prioritario a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües. Duración mínima de un mes e máxima de tres meses.

Documentación necesaria:

~Solicitude segundo modelo do anexo II da convocatoria.

~Proxecto de estudos ou de traballo de investigación que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.

~ A demais documentación requirida na convocatoria específica para cada modalidade

~Relación numerada e asinada da documentación presentada.

Máis información:

Correo electrónico  licenzas.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546.510/ 981.546.513/981.546.515

Orde do 5 de xuño de 2013 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2013/2014 (DOG)