S1901052 - Introdución á drónica didáctica

Actividade presencial de 20 horas de formación dirixida a formación en drónica didáctica
Mér, 15/01/2020 - 13:51
S1901052 - Introdución á drónica didáctica

Código do curso: S1901052

Relator: Ibán Horra

Duración: 20 horas (6 non presenciais)

Datas:

14/02/2020

15/02/2020

7/03/2020

Curso dirixido a profesorado de: Bacharelato, ciclos formativos, ESO, Ensinanzas superiores de deseño, Ensinanzas técnico deportivas

Estudios superiores de artes plásticas e deseño, Módulos profesionais, Programas de cualificación profesional inicial.

Obxectivos

1.Presentar aos participantes as posibilidades didáctica do uso dos drons.

2.Coñecer diferentes recursos existentes no ámbito educativo e metodoloxías de uso na aula.

3.Dotar de destrezas no uso destas ferramentas.

Contidos

1.Introdución á dronótica. Que é un dron? Historia. Seguridade. Lexislación.

2.Fundamentos básicos de funcionamento. Fundamentos físicos. Compoñentes.

3.Tipos de drons e mercado actual. Clasificación inicial. Forma de avión. Forma de helicóptero. Mercado de drons.

4.Uso didáctico e a súa aplicación á aula. Programación. Inclusión dos drons en proxectos educativos.

 

Máis información e inscricións en Fprofe.