Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia. Plan de Emerxencia-Evacuación
Aberto o prazo de inscrición para o curso Análise, xestión e planificación dos riscos e medidas de emerxencia, que ten como obxectivo elaborar o Plan de Emerxencia-Evacuación do centro. O prazo de inscrición finaliza o 5 de novembro.
Obxectivos:
1.Proporcionar unha formación específica, teórica e práctica en materia de prevención de riscos laborais.
2.Facilitar unha cultura preventiva e coñecementos para actuar como axente activo na elaboración, implantación e seguimento do plan de emerxencia-evacuación.
3.Coñecer os riscos específicos e a súa prevención no centro educativo e adquirir os coñecementos precisos para a elaboración do plan.
Horas: 30 horas.
Modalidade: Na Rede, en PLATEGA
Datas: Do 14 de novembro ao 21 de decembro 2017.
Observacións: Para acadar unha maior cobertura formativa establecerase como obxectivo específico de selección o límite dunha persoa seleccionada por centro. Non repetirán centros da pasada edición. Criterios xerais do Plan Anual de Formación.