Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca os Premios a Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2017 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso escolar 2016/17.
O obxectivo desta convocatoria é valorar a participación de grupos de docentes en proxectos de formación en centros que afecten cualitativamente ao ámbito organizativo e/ou de xestión dos centros, á contorna familiar e institucional ou á elaboración e uso de recursos multimedia interactivos, que promovan novas formas de pensar, novas formas de traballar e novas ferramentas de traballo.
Preténdese dar recoñecemento ás boas prácticas na formación permanente do profesorado e fomentar que os centros docentes desenvolvan, a través destes plans, aqueles aspectos que permitan a actualización e o perfeccionamento das competencias profesionais do profesorado para a mellora da calidade da educación e dos resultados escolares.
Concederase un premio ao mellor proxecto de formación de cada CFR/CAFI, consistente nunha asignación extraordinaria de 2000€ sobre o concedido para o desenvolvemento do PFPP no curso 2017/18.
Tamén se concederá unha mención especial ao mellor proxecto de formación de entre os premiados, consistente nunha asignación extraordinaria de 1000€.
O prazo para presentarse remata o 10 de xullo de 2017.
Para máis información, clica aquí.