G1402016 Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía
O sábado 30 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) desenvolverase dentro do Plan de Formación do Profesorado 2014/2015, a xornada “Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía” dirixida ao todo o profesorado de Educación Primaria e Educación Secundaria no ámbito das ciencias.
Referencia: G1402016
Temporalización: 30 de maio
Data límite de inscrición: 20 de maio https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Lugar: EGAP, (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela)
Prazas: 300 Duración: 8 horas
Obxectivos :
1. Difundir os traballos, experiencias e boas prácticas desenvolvidas por grupos de profesores e profesoras.
2. Proporcionar un punto de encontro e debate sobre o ensino das ciencias.
3. Presentar materiais, aplicacións ou metodoloxías de interese para o ensino das ciencias.
Máis información na aula virtual do CAFI: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=591