Apertura do prazo de inscrición no curso G1302029 “Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch e o uso como ferramenta educativa”
O xoves 24 e venres 25 de abril celebrarase no Centro Demostrador TIC (CDTIC) (Rúa Airas Nunes, s/n – Conxo. Santiago de Compostela) o curso presencial: G1302029 - “Formación sobre programación de aplicacións informáticas con Scratch e o uso como ferramenta educativa”. O curso conta con 35 prazas e requíresen coñecementos básicos en programación (C, C++, Java, PHP, Visual Basic).
Terán prioridade na selección os profesores de ensino secundario: Tecnoloxía, seguidos dos de Informática e os profesores técnicos de formación profesional na rama de “Sistemas e aplicacións informáticas”.
Os obxectivos do curso son:
1.Aprender a desenvolver aplicacións informáticas coa ferramenta Scratch e comprender o seu potencial didáctico.
2.Coñecer metodoloxías e casos de éxitos da ensinanza da programación con Scratch.
3.Desenvolver estratexias de integración da programación con Scratch en distintas etapas educativas e disciplinas.
E os contidos a desenvolver:
1. Por que ensinar a programar a escolares?.
2. Introdución á ferramenta Scratch.
a. Audios e gráficos
b. Bucles e condicións
c. Paralelismo e eventos
d. Operacións matemáticas e lóxicas
e. Sincronización de procesos
f. Variables e listas
3. Conceptos avanzados con Scratch
a. Abstración
b. Clones
c. Integración de video
d. Variables Cloud
4.Estratexias de integración da programación con Scratch na aula .
Ficha do curso en fprofe (o prazo de inscrición remata o 22 de abril).