II Xornadas de atención á diversidade

O 14 de decembro terá lugar na EGAP as II Xornadas de Atención á Diversidade, na que se abordarán estratexias e propostas favorecedoras da inclusión.
Mér, 11/12/2013 - 09:39
diversidade e inclusión

G1302003_II Xornadas de atención á diversidade

Neste primeiro trimestre do curso vanse celebrar as II Xornadas de atención á diversidade, con estratexias e propostas favorecedoras da inclusión.

Referencia: G1302003
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización: 1º trimestre
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 300

Horas: 8 horas presenciais.

Destinatarios:

  • Bacharelato

  • Educación infantil

  • Educación primaria

  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional
597 - Mestres

Criterios de selección:

Os criterios xerais do plan anual do profesorado.

Obxectivos:

  • Divulgar a atención á diversidade do alumnado na comunidade autónoma.

  • Promover a participación de toda a comunidade escolar para favorecer a atención á diversidade de todo o alumnado.

Contidos:

  • A normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión.


Aula virtual >>>  http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=421