G1301036 A posta en práctica da acción titorial

Curso online do Departamento de Organización Escolar e Diversidade. 1º Trimestre
Ata o 20 de setembro o profesorado titor poderá inscribirse no curso en rede “A posta en práctica da acción titorial” .
Mér, 11/09/2013 - 13:41
A posta en práctica da acción titorial

Título: A posta en práctica da acción titorial.

Modalidade: Curso en rede.

Referencia: G1301036.
Centro de formación e recursos: CAFI.
Temporalización: 1º trimestre .
Data límite de inscrición:20/09/2013.
Prazas: 50.

Horas totais: 60 non presenciais.

Destinatarios: profesorado titor.


 

Obxectivos:

  • Potenciar o valor da acción titorial a nivel educativo por parte de todo o profesorado que favoreza o desenvolvemento persoal e as relacións sociais.

  • Facilitar unha formación específica a nivel titorial proporcionando os recursos precisos que permitan o traballo en rede entre o profesorado e entre profesorado e o alumnado.

  • Reflexionar sobre a práctica diaria da acción titorial e facilitar o axuste á realidade.

Contidos:

  • A función titorial do profesorado como factor de calidade educativa.

  • Os fundamentos da acción titorial.

  • A organización e a posta en práctica da acción titorial no centro educativo.

Módulos de contido:

  • Módulo 1: Acción titorial

  • Módulo 2: Ensinar a convivir

  • Módulo 3: Ensinar a pensar

  • Módulo 4: Educación emocional

  • Módulo 5: Educación en valores

  • Módulo 6: Educación para a saúde

  • Módulo 7: Ensinar a decidirse

  • Módulo 8: Orientación familiar