Skip to Content

Taboleiro do alumnado

3º Encontro Científico co CERN: CORUÑECERN 2011

O pasado 27 de Maio de 2011, a maior parte dos alumnos que cursamos Física e Química en 1º de bacharelato e varios alumnos de 2º de bacharelato, asistimos ao 3º Encontro Científico co CERN, CORUÑECERN, promovido polo IES Urbano Lugrís de A Coruña e que se celebrou no Centro Cívico Os Mallos en A Coruña, en horario de 10:00 a 14:00 h. Este 3º Encontro era o segundo ao que asistían algúns dos alumnos (os alumnos de 2º de bacharelato). Alí xuntámonos diversos institutos de diferentes localidades de Galicia dispostos a coñecer un pouco máis de cerca o CERN nun aforo limitado ao que finalmente puido asistir todo o que quixo.

Cambios na oferta educativa do centro

A Consellería de Educación publica hoxe a oferta de ciclos formativos en réxime ordinario. DOG
Pola mesma o ciclo superior de Educación Infantil pasa a impartirse no CIFP Ferrolterra e o de Guía, información e asistencia turísticas ao CIFP Rodolfo Ucha.
Asi mesmo o IES Sofía Casanova acollerá ao alumnado de ESO e bacharelato de Ferrolterra e a parte do seu profesorado.

Máis información na reunión convocada para as familias ou titores legais o xoves 16 ás 19 h.

Matrícula de Xullo 2013

CURSO 2012-2013

Matrícula de XULLO

Para formalizar a matrícula será necesario cubrir uns impresos que se facilitarán na Conserxería do Centro, adxuntado en cada caso os documentos que se indican para cada curso:

OS ALUMNOS PENDENTES DOS EXAMES DE SETEMBRO, FORMALIZARÁN A MATRÍCULA EN DITO MES

 

MATRICULA DE ALUMNOS DE NOVO INGRESO NO CENTRO

Día 26 de Xuño COLEXIOS DE ESTEIRO e PONZOS
Día 27 de Xuño COLEXIO DE RECIMIL
Día 5 de Xullo 2º de ESO E BACHARELATO

Todos os cursos

4 fotografías do/a alumno/a tamaño carné.
(2 pegadas e 2 soltas co nome e apelidos por detrás)

Fotocopia do DNI ou fotocopia do Libro de Familia donde está inscrito o alumno.*

Fotocopia da tarxeta sanitaria da Seguridade Social do alumno/a, muface, etc.*

Certificación de estudos, conforme pode acceder a ese curso ou boletín de calificacións.

3º, 4º de ESO e Bacharelato: Presentase o resgardo de abono nunha entidade bancaria 1,12 € de seguro escolar.

Fotocopia da súa tarxeta sanitaria.**

Certificación de estudos, conforme pode acceder a ese curso.**

* Todas as fotocopias deberán ser presentadas en tamaño A4 e sen recortar.
** Alumnado de novo ingreso.  

Horario de oficina de 09:00 a 13:00

MATRICULA DE ALUMNOS do CENTRO

Día 28 de Xuño  2ºESO
Día  29 de Xuño  (09:00-13:00) 3ºESO
Día  2 de Xullo  (09:00-13:00) 4ºESO
Día  3 de Xullo  (09:00-13:00) 1ºBacharelato
Día  4 de Xullo  (09:00-13:00) 2ºBacharelato

Horario de oficina de 09:00 a 13:00
 

 

Publicadas as listaxes definitivas para a realización de actividades de formación en linguas extranxeiras

Podense consultar neste enlace

Ábrese un prazo de pago do 14 ao 23 de xuño

Charla informativa das educadoras da Escola Infantil "A Galiña Azul" de Fene.

O día 24 de maio, as técnicos superiores en educación infantil da escola "A Galiña Azul" de Fene, Iria Fraga e Nuria Noya, acudiron ao IES Sofía Casanova para impartir unha charla informativa aos alumnos/as do Ciclo superior de Educación Infantil.

Os principais puntos a tratar na sesión foron os seguintes:

Despedida do alumnado de 2º de Bacharelato

graduacionO día 13 ás 12 horas faremos o acto de despedida á promoción 2010-2011 de 2º de Bacharelato.
Entregarase unha orla co alumnado e profesorado, non vos esquezades de vir!

MODIFICACIÓN DOS PARÁMETROS DE PONDERACIÓN DOS TÍTULOS OFICIAIS DE GRAO AFECTADOS POLA EDU/1247/2011

De próxima publicación no Diario Oficial de Galicia: borrador no arquivo adxunto.

Modificaronse ademáis os parámetros de ponderación para os graos seguintes: Logopedia, Óptica e Optometría, Psicoloxía e Terapia Ocupacional. Pódese consultar na páxina principal da CIUG as novas  ponderacións http://ciug.cesga.es/

Música maestra

Música maestros! A prensa recoñece a actividade artística dunha das nosas alumnas. Noraboa! Ler máis

Distribuir contido


by Dr. Radut