Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Iniciado o proceso de renovación do Consello Escolar

urnaRealizada a primeira reunión da Xunta Electoral, iniciouse o proceso de renovación do Consello Escolar coa distribución a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente dunha circular coa convocatoria.

Eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar

xuntanza

Novembro 12

Cada dous anos débese facer unha renovación parcial dos membros do Consello Escolar dos centros educativos. O CE é o órgano máximo de decisión e nel están representados todos os estamentos da comunidade educativo, alumnado e familias, persoal non docente e profesorado.

calendario

definic

Xornada de recepción de familias e titores

O mércores 10 terá lugar a xornada de encontro na que a directiva do centro e as titoras e titores recibirán aos responsables do alumnado para informar sobre aspectos importantes do funcionamento do centro, particularmente no relativo ás titorías. 

O horario será:

17:00 h, Bacharelato

17:30 h, ESO

Comeza o Club de Lectura

clubLectura

Xa estamos aquí! Despois das vacacións de verán, máis libros por favor...
Comezamos o vindeiro martes 9, podedes seguir as novedades no noso blogue http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

Comezo de curso 2012-13

salon

O lúns 17 terá lugar o comezo de curso académico 2012-13 co seguinte programa:
09:00 h: Claustro
10:00 h: Presentación de alumnado de 1º de ESO
10:30 h: Presentación de alumnado de 2º de ESO
11:00 h: Presentación de alumnado de 3º de ESO
11:30: Presentación de alumnado de 4º de ESO
12:00: Presentación de alumnado de 1º de Bacharelato
12:30: Presentación de alumnado de 2º de Bacharelato

Martes 18, comezo das clases ás 08:30 h.

DATAS DE MATRÍCULA DE SETEMBRO

IMPORTANTE: Datas de matrícula de setembro neste enlace

Convocados os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2011/2012

galiciaA consellería ven de convocar estes premios para o alumnado que cursou 4º da E.S.O. e acadara unha media de 9 ou máis. Hai prazo para inscribirse ata o 20 de setembro.
Pódese consultar a Orde de convocatoria neste enlace
http://www.edu.xunta.es/web/node/5652

Andrea Mosquera Alonso acada o primeiro posto nos Premios extraordinarios de Bacharelato

Sempre é unha satisfacción constatar os logros do noso alumnado, e Andrea ven de acadar a máxima puntuación na proba do premio extraordinario de bacharelato 2011-12 convocado pola Xunta de Galicia. Noraboa a Andrea e á súa familia.

Ademáis, aínda que non dentro dos 20 primeiros con dereito a premio, estiveron con bos resultados máis alumnado do Sofía: Alejandro Casteleiro Pena, Eduardo Terán Brage, Julia López Cardona e Guillermo Ramil López. Parabéns a todos e boa andaina.

Enlace aos resultados www.edu.xunta.es/web/node/5534

Distribuir contido


by Dr. Radut