Skip to Content

Taboleiro do alumnado

23 de abril. 7 Día do Libro

dickensEste día celebramos na biblioteca o centenario do nacemento de Charles Dickens, aclamado como un dos mellores escritores en lingua inglesa e cuxas novelas, adaptadas profusamente ao cine e teatro, convertéronse en grandes clásicos da literatura universal. Fragmentos delas foron leídos na biblioteca polo alumnado de ESO.

Foi un escritor xenial e, despois de Shakespeare, o mellor inventor de personaxes. Algúns son, dende hai moito tempo, arquetipos, como Ebenezer Scrooge, Pip e a Señorita Havisham ou Fagin e Oliver Twist. Nas súas obras amosounos que a xente do común é tan interesante como a xente rica, famosa e fabulosa.

Enredando co ADN

biotecnoloxiaO alumnado de 4ºESO de Bioloxía e Xeoloxía están a expoñer as súas maquetas de ADN xunto  aos traballos sobre Biotecnoloxía.
Unha boa vía para familiarizarse co código da vida e as biotécnicas é afrontar a representación da estructura do ADN, xigante entre as macromoléculas.

AVISO: PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2013-14

impresosComunicamos a todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro ano académico 2013-2014 nos cursos da ESO e  Bacharelato, que todas están admitidas, polo que non será necesario presentar os documentos que acreditan os criterios alegados nas solicitudes.

Benvidos e benvidas ao IES Sofía Casanova.

Mesa redonda sobre a nova lei de educación LOMCE

lomceA evolución do trámite da LOMCE preocupa á comunidade educativa. O Consello Escolar do centro decidíu organizar para o martes 16 ás 18:15 horas no salón de actos unha mesa redonda sobre esta lei na que participarán Helena Gómez, Presidenta da CONFAPA, Marcos Abad, do Sindicato de Estudantes, Tomás Miranda, de CC.OO. Ensino, Tona Martínez de CIG-Ensino e Mariló Candedo Cunturiz presidenta de Nova Escola Galega e profesora na Facultade Ciencias da Educación da Coruña, á que se convida a asistir á comunidade escolar do Sofía e público xeral ata completar aforo.

Medalla de ouro para Sergio Trillo

TrilloNon sempre nos cruzamos polos pasillos do centro cun "medalla de ouro", pero ese galardón é o que ven de acadar Sergio Trillo no Campionato de España junior, categoría de menos de 100 quilos. Compaxinar estudos e excelencia en deporte ou arte non é doado, pero Sergio (segundo pola esquerda) é un dos que o consigue. Iremos falando deles e delas na nosa web. Parabéns Sergio!

Admisión de alumnado para o Curso 2013-14

impresoAberto o proceso de admisión de alumnado ao centro, anúnciase que por decisión do seu Consello Escolar o centro non puntuará polo criterio complementario (Artigo 28 da Orde). As prazas ofertadas para o vindeiro curso pódense consultar aquí e o calendario do proceso de admisión aquí. Enlace á páxina coa normativa e impresos da consellería aquí.

Concurso de fotografía de móbiles para Secundaria

móbilCo motivo da celebración do Día Mundial de Internet, o 17 de Maio, convócase un concurso de fotografía con móbil para o alumnado de secundaria que pode participar a título particular.

Pódese atopar a información sobre como participar na páxina http://www.diadeinternet.org/2013/index.php?page=participa_fotografia

Animádevos!

Expostos os traballos de Tecnoloxía de 2º de ESO

2013teconoxiaO alumnado de 2º de ESO expón estes días os seus traballos de Tecnoloxía no vestíbulo do centro.

A mostra inclúe reproduccións dende guindastres,  unhas famosas torres inclinadas a un invernadeiro con leitugas. A tecnoloxía aliouse coa imaxinación!

Distribuir contido


by Dr. Radut