Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Exames setembro 2014

  

 

 

 

Exposición de traballos sobre o nacemento da Venus de Botticelli

 No recibidor do instituto celebrouse unha exposición cos traballos dos alumnos de 4º de ESO, da materia de Educación Plástica e Visual, sobre versións persoais do famoso cadro de Botticelli.

As obras foron sometidas a votación por parte da comunidade educativa do IES Sofía Casanova e tres delas resultaron premiadas.

Nesta ligazón podes ver todas as obras.

Entrega dos Boletíns de Cualificacións

A entrega dos Boletíns de Cualificacións ó alumnado terá lugar o mércores 25 ás 12:30.

Os días 26 e 27, xoves e venres, de 9:00 a 13:00; son os días previstos para atender posibles reclamacións.

Ver normativa

50 ANIVERSARIO

 O vindeiro mércores 18 de xuño ás 17 horas culminarán os actos de celebración do 50 aniversario da creación do instituto coa celebración dun Acto Académico que contará coa escritora e investigadora Ana Romero Masiá, ex-directora do centro, quen pronunciará a lección maxistral "De Camilo a Sofía". Asistirá o Alcalde da cidade, antigo alumno, así como representantes da Consellería e invitamos a compartir esta tarde a quen, por calquera motivo, tivera unha vinculación co instituto neste medio século de existencia (antigo alumnado, profesorado e persoal non docente)

GRADUACIÓN

 O pasado 30 de maio os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato celebraron a súa titulación, recentemente acadada, así como a despedida do instituto. Nun Salón de Actos ateigado, os novos Bachareis, as súas familias e o profesorado disfrutaron de actuacións musicais, vídeos e emotivas mensaxes, e os titores e titoras entregaron as orlas da promoción. Agora que dá comezo a gran aventura do futuro dende a que foi a súa escola de vida desexámoslles moita felicidade no porvir.

Ver fotografías.

DATAS MATRÍCULA CURSO 14-15

PARA ALUMNOS CURSANDO ESTUDOS NO CENTRO

30 de XUÑO     2º e 3º da ESO
1 de XULLO     4º ESO e 1º de Bacharelato         
2 de XULLO           2º de Bacharelato

PARA ALUMNOS DE NOVO INGRESO NO CENTRO

25 de XUÑO     Colexio de Esteiro
26 de XUÑO     Colexio de Ponzos
27 de XUÑO     Colexio de Recimil
3 e 4 de XULLO     ESO e Bacharelato doutros centros

- O alumnado que estea pendente dos exames de setembro formalizarán a matrícula nese mes.

- Rógase ao alumnado que respecte o día que lle corresponda de matrícula

Ano académico 2013-2014

Nesta recanto pódense atopar informacións útiles para o presente curso escolar como:

Axudas para a adquisición de libros de texto na ESO.

No DOG do 30 de maio de 2014 publicouse a Orde pola que se convocan axudas para adquisición de libros de texto na ESO, para o curso 2014-2015.

Hai dos prazos de solicitude:

         Prazo ordinario: do 25 de xuño ao 28 de xullo - Para alumnos que aprobaron en xuño

         Prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro - Para alumnos que aprobaron en setembro

Para mais información DOG do 30 de maio de 2014.

Distribuir contido


by Dr. Radut