Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Visita ao Teatro Jofre

 

   Os alumnos de 4º de PDC coa súa profesora do Ámbito Sociolingüístico, Ángeles Doce, realizaron o martes 28 de outubro unha visita ao “Teatro Jofre” da cidade para complementar as explicións da aula.

   Alí puideron observar a pranta en forma de ferradura, diseño que facilita unha acústica impecable, idónea para la escenificación de dramas líricos, o espacio interior que consta de tres pisos decorados cun estilo clasicista propio dos teatros del XIX que emulaban aos italianos de época barroca, e tamén os elementos da tremoia.

Visita guiada á EXPONAV

   

   Os alumnos de 1º da ESO xunto cos seus profesores de Educación Plástica e Visual e de Ciencias Sociais acudiron o martes 29 de outubro a visitar esta impresionante exposición museo adicada a presentar o apasionante mundo da construcción naval.

  Coñeceron o desenvolvemento da arquitectura e da construcción dos buques e os materiais empregados así como diversos aspectos relacionados con esta materia: desde a evolución que sufriron as tecnoloxías e ferramentas, ata o momento más importante dun barco, o da botadura e a frotadura.

Foto ampliada

Literaturizarte no Sofía

 

 Para continuar co traballo feito polos alumnos de EPV coas meninas e a reciclaxe que aínda podedes ver na exposición da entrada do centro, o equipo da biblioteca, capitaneado por Ana Seco, elaborou todo este itinerario lector sobre as meninas na literatura.

Podedes consultar  toda a información sobre as lecturas baseadas no famosísimo cadro de Velázquez. E se tedes aínda máis curiosidade, non dubidedes en acercarvos á biblioteca e preguntarnos como conseguir estas lecturas.

Concertos da "Sociedad Filármonica Ferrolana" no teatro Jofre

   A "Sociedad Filarmónica Ferrolana" quere contribuir á formación musical dos adolescentes y por esa razón asignou ao noso instituto un número de entradas para cada un dos concertos desta tempada que se celebrará no Teatro Jofre.

   Se estades interesados en asistir, poñédevos en contacto coas vosas profesoras de música, Dolores ou Almudena, ou ben con Daniel e eles conseguiranvos entradas gratuítas.

   Podedes consultar a programación nesta ligazón.

Reunión profesorado titor/familias

Club de lectura de alumnos. Temporada 14-15

O próximo martes, 14-10-14,  comenzarán as sesións do "Club de lectura de alumnos" correspondentes ó presente curso, seguindo o horario habitual.

Na Biblioteca do Centro dispós de máis información sobre o mesmo.

Arrinca o curso 2014-2015

   Un ano máis dá comezo un novo curso.  

   As presentacións terán lugar o luns día 15 co seguinte horario:

12.00h. : 1º e 2º da ESO

12.30h. : 3º e 4º da ESO

13.00h. : 1º e 2º de BAC

 

Datas para a matrícula de setembro. Curso 2014-2015.

Xa podes consultar as datas de matrícula para o curso 2014-2015, convocatoria de setembro,  na presente ligazón.
Distribuir contido


by Dr. Radut