Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Visita á central térmica de As Pontes

   

   O martes 25, os alumnos de tecnoloxía industrial de 1º e 2º de bacharelato, acompañados polas súas profesoras Eva Leira e Beatriz Méndez, visitaron a central de As Pontes.

   Alí puideron observar o funcionamento do ciclo convencional de carbón de 1468 MW de potencia e o ciclo combinado, de gas, de 800 MW.

Visita ao CTB

 

    Os alumnos de 4º de ESO de EPV, acompañados polos profesores María Lanza e Iñaki Tomás, acudiron o venres ao Centro Torrente Ballester para visitar unha exposición de pintura, escultura e gravado do autor coruñés Emilio Celeiro.

    O autor fixo unha visita guiada e amosou unha excelente disposición cos alumnos, polo que lle enviamos a noso agradecemento.

Foto ampliada

Reciclaciencia no Sofía

 

   Os alumnos de ciencias naturais de 2º de ESO construíron cos seus profesores maquetas de diferentes tipos celulares utilizando principalmente materiais reciclados.

   Se vos acercades polo centro, no hall que da acceso ao salón de actos poderedes disfrutar dunha exposición moi interesante con reproducións dun espermatozoide, dun óvulo humano, dunha neurona ou dunha bacteria.

Ver máis.

Contacontos

 

   O 11 de novembro os departamentos de Dinamización da lingua e de Lingua Inglesa organizamos unha actividade de CONTACONTOS.

   Con historias que formulaban intrigantes dilemas e contos de misterio pasamos un tempo divertido coa lingua galega e a lingua inglesa.

   Os alumnos comentaron que as historias resultaran divertidas, románticas, sinistras...

   Estupendo! De cando en vez as clases deben ser así.

“OPS!” O Português Simples no Sofía Casanova

 

    O martes día 4 de novembro tivo lugar no noso IES o obradoiro de portugués “OPS!” O Português Simples dirixido ao alumnado de 4º de ESO.

    Esta actividade organizouna Antía en colaboración coa Associaçom Galega da Língua e tivo como obxectivo amosarlle ao alumnado a vantaxe competitiva que representa a nosa lingua, o galego, no contexto español e europeo, porque nos permite acceder ao ámbito educativo e laboral dos países que se expresan en portugués (Brasil, Portugal, Angola...) e, polo tanto, ás súas sociedades, producións culturais e mercados laborais.

Tempo de Samain

 

O tempo de Samaín inspirounos unha historia: “O morto-non-morto que non quería morrer”.

Trátase dunha breve e sinxela reflexión sobre a situación actual da lingua galega: está viva?, morta?, queremos que viva?

O resultado deste traballo, realizado por algúns alumnos de 1º da ESO e o Equipo de Dinamización da Lingua, está exposto no corredor de 1ºESO.

Pasade velo.

Visita á Escola Politécnica Superior

 

    O pasado xoves, 30 de outubro, os nosos alumnos de Tecnoloxía de 4º de ESO e 1º de bacharelato asistiron xunto coas súas profesoras Bea, Eva e Teresa á Escola Politécnica Superior do Campus de Esteiro para observaren o traballo práctico que os alumnos de terceiro curso do Grao en Inxeniería Mecánica realizaron no marco da materia Tecnoloxía de Máquinas.

   Presentáronse prototipos de vehículos ou máquinas propulsados por un motor eléctrico –alimentado por unha pila de 4,5 voltios– capaz de completar un traxecto de máis dun metro e medio de lonxitude no que se interpoñía como obstáculo unha viga de madeira de sección cadrada e de 66 milímetros de lado.

Visita á Serra da Capelada

 

   O pasado martes, 28 de outubro, os nosos alumnos estudantes de xeoloxía de 1º e 2º de Bacharelato tiveron a oportunidade de visitar un espazo xeolóxico único na Península Ibérica.

   Trátase da Serra da Capelada, situada entre as localidades de Cedeira e Cariño. A singularidade deste espazo, coñecido polos xeólogos como Complexo de Cabo Ortegal, baséase en que nel podemos observar e pisar rochas metamorfizadas do manto terrestre tales como serpentinitas, ecloxitas ou granulitas que cabalgaron sobre o continente durante a formación de Panxea (hai uns 250 millóns de anos). 

   ¡Un lugar para visitar e respectar!

Distribuir contido


by Dr. Radut