Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Cultura Clásica nas Médulas

culturaclasicamedulas

Chegou de volta o grupo de alumnado de Cultura Clásica e PDC que visitaron estes días o sigular xacemento das Médulas, León, coa profesora Julia de Partearroyo Domínguez. Na estadía realizaronse actividades, incluíndo a visita ás formacións afectadas pola minería romana. Unha boa experiencia!

A Revista Ultreia fala de programas sostidos con fondos europeos

ultreiaA revista presenta no seu número 10 unha reportaxe sobre os plans MORA da UE, cuxos fondos serven, entre outros fins, para manter os Programas de Diversificación Curricular, recollendo a experiencia do IES Sofía Casanova. O artigo pode consultarse aquí.

A Revista Ultreia fala de programas sostidos con fondos europeos

ultreiaA revista presenta no seu número 10 unha reportaxe sobre os plans MORA da UE, cuxos fondos serven, entre outros fins, para manter os Programas de Diversificación Curricular, recollendo a experiencia do IES Sofía Casanova. O artigo pode consultarse aquí.

Un final de cine

maquinistadelageneralFran Rey trae ao salón de actos do centro o mundo dos pianistas de cine mudo cunha das obras cumes do xénero, "The General" de Buster Keaton. Unha boa despedida de vacacións para o alumnado de bacharelato!

Un breve vídeo aquí

Cos desexos dunhas boas festas e un ventureiro 2013

cartazNadal12

Deseño gañador do concurso de postais 2012, de Raquel Martínez 1ºB ESO

A árbore de Nadal do Sofía Casanova

A ANPA do centro propuxo poñer unha árbore e, este foi o resultado! Unha arbore de botellas de plástico para a reciclaxe. Nel colaboraron profesorado e alumnado para, ao tempo de decorar o centro, lembrar a cantidade de productos cotiáns que afectan ao medio ambiente. A inspiración atopámola na rede e fixémola nosa para reflexionar colaborativamente.

Exposición de modelos celulares

mod_cel
Expostos os  modelos de células procariota e eucariotas elaboradas polo alumnado de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Os inxeniosos modelos pódense percorrer neste vídeo.

Exposición de cogumelos 2012

O Departamento de Ciencias Naturais organizou a exposición anual de cogumelos da comarca, recollendo as iniciativas máis importantes: a Feira de Cogumelos das Pontes e a de Ferrol, esta última con casetas no Cantón de Molíns esta semana.
Ao tempo, o alumnado do centro participa nas actividades docentes de familiarización con este apaixoante grupo de seres vivos.

Ver vídeo

Distribuir contido


by Dr. Radut