Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Benvida ás vacacións co concurso de xogos populares

sacosA celebración do concurso de xogos populares, organizado coa activa colaboración da ANPA, marcou a actividade da mañá de hoxe, coa que recibemos as vacacións invernais.

Felices festas!

 

CONCURSO DE XOGOS POPULARES

 

O día 21 de decembro de 2011, na pista polideportiva ou, se chove, no ximnasio ( para o que será imprescindible que tanto concursantes como espectadores entren con tenis) terá lugar

un concurso de xogos populares, que se rexerá polas seguintes BASES:

 

1ª) Participará o alumnado que, dentro do seu grupo, constitúa un equipo.

2ª) Os equipos participarán nos seguintes xogos:

 

  1. CARREIRAS DE SACOS (individual)

  2. CARREIRAS DE PÉS SOLTADOS (individual)

  3. CARREIRAS DE PARELLAS (por parellas)

  4. CARREIRA DE PLORO (individual)

  5. CARREIRA ÁS CEGAS (por parellas)

  6. CARREIRA DAS CULLERES (equipos de catro corredores)

  7. CARREIRA DE GATOS (equipos, mínimo, de catro participantes)

  8. CARREIRA A CACHAPERNA (por parellas)

  9. CARREIRA DO PÉ MANQUIÑO (individual)

10.CARREIRA DE COSTAS EN PARELLAS

 

3ª) Os equipos deberán entregar por escrito a Vicedirección, en Xefatura de Estudos, antes do segundo recreo do xoves 15, os seguintes datos:

 

  • grupo ao que pertencen
  • nome do alumnado participante en cada un dos xogos (xúntase descrición de cada carreira).

 

4ª) Gañará o equipo que consiga superar un maior número de probas.

 

5ª) En caso de empate entre dous ou máis equipos, realizarase o desempate cos xogos do PANO/BRILÉ ou BOCHAS (PETANCA), respectivamente.

 

6ª) Cada membro do equipo gañador recibirá un premio que dará a ANPA e VICEDIRECCIÓN.

Primeira xuntanza do clube de lectura e escritura do Sofía

clubeLecturaComezou a andadura do Clube de Lectura do Sofía cunha reunión na biblioteca de alumnado e profesorado interesado.
Ademáis ponse a andar unha nova iniciativa complementaria, o Clube de Escritura. Ambas coordinaranse mediante notas internas e o Blogue da Biblioteca. Aínda hai tempo para incorporarse! Pódese contactar na biblioteca ou mediante o blogue.
Animádevos

Plan de consumo de froita nas escolas

planconsumofroitaO centro participa durante esta semana e a vindeira no "Plan de consumo de froit nas escolas", levado adiante co axuda financieira da Comunidade Europea. Grazas ao plan o alumnado dispón en ambos recreos de froita gratuita para fomentar os bos hábitos de alimentación.

Ademáis trátase de froita certificada de cultivo ecolóxico e é subministrada por unha cooperativa local de consumo solidario, co que se cumpre un dobre papel: comer san e fomentar o consumo de productos de calidade ambiental garantida. A distribución de froita é xestionada polo propio alumnado coordinado por un equipo de profesorado voluntario.

Concurso de deseño do logp da ANPA

A ANPA do IES Sofía Casanova convoca un concurso para o deseño do seu logotipo.

Comezo do curso 2011-12: Recepción do alumnado

HORARIO DE RECEPCIÓN DO ALUMNADO

O alumnado será recibido no porche do centro para pasar ao Salón de Actos, onde se lles dará a benvida polo equipo directivo e os seus titores e titoras. O horario é o seguinte:

Venres 16

09:00 - 1º ESO

09:30 - 2º ESO

10:00 - 3º ESO

10:30 - 4º ESO

11:00 - 1º Bacharelato

11:30 - 2º Bacharelato

Comezo das clases o mércores, día 21 ás 8:30

Matrícula de SETEMBRO para E.S.O. e Bacharelato : Curso 2011-2012

Na seguinte ligazón encóntranse as datas e a documentación requerida para formalizar a matrícula para os distintos niveis da E.S.O. e do Bacharelato para o vindeiro curso 2011-2012 na súa convocatoria de Setembro:

Matrícula Setembro 2011-2012

Entrega en Lugo aos mellores expedientes de Galicia

A PONTE Este curso catro alumnos do IES Sofía Casanova estiveron entre os mellores expedientes de Galicia recoñecidos polo programa A Ponte da USC. Nun acto celebrado en Lugo o 1 de xullo, Bruno Bernardo Castelo Vargas, Carmen Pradera Cibreiro, Ana Sánchez Pita e Marta Vizoso González recibiron do Rector da Universidade de Santiago, do Alcalde de Lugo e outras autoridades.

Esta distinción recibena o alumnado que supera o 9 de media entre o promedio de Bacharelato e as PAUU. É un orgullo para o centro este bo resultado do nosos alumnado, do apoio das familias e do traballo da comunidade educativa. Noraboa a todos!

 

Estes galardóns completa un curso no que case o 70% do alumnado de 2ºBacharelato aprobou en xuño. Estes 66 alumnos e alumnas aprobaron todos as PAUU, cunha excelente nota media, ademais moi axustada ás súas calificacións medias do bacharelato, sendo o centro galego con menor diferencia entre ambas, cun valor de 0,56.

Distribuir contido


by Dr. Radut