Skip to Content

Taboleiro do alumnado

Libros de texto 2013-14 e Programa de préstamo

librostextoPódese consultar a relación de libros de texto para o curso 2013-14 neste enlace.

PROGRAMA DE PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO. Como iniciativa da ANPA pódense doar e/ou solicitar libros en préstamo para o vindeiro curso. Contacto coa ANPA no centro ou no correo anpa.sofia.casanova@gmail.com

MATRÍCULA NO CENTRO

 IMPORTANTE!!

Xa se pode consultar os días e datos de matrícula no centro neste enlace: Detalles

Acto de fin de curso de 2º de Bacharelato

esceaO venres 25 ás 18:30 terá lugar o acto académico de fin de curso de 2º de Bacharelato ao que están convidados todo o alumnado, familias e profesorado.
Cóntase coa intervención dun alumno en representación de todos os compañeiros e compañeiras, do director, actuacións musicais, proxección dun vídeo e a entrega de orlas. Pola noite celebrarase a tradicional cea de alumnado e profesorado.

Teatro no Día das Letras Galegas

 O pasadoteatro día 15 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, os alumnos de 1º ESO A  levaron a cabo  no salón de actos do Instituto a  estrea dunha pequena obra  de teatro. A peza, de carácter cómico, está inspirada nos clásicos contos infantís de princesas e encantamentos, e foi escrita  por eles mesmos baixo o título "Unha historia diferente"

Convocadas os Premios Extraordinarios de Bacharelato

premio

Publicouse a Orde do 2 de maio de 2012 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2011-2012. Consultar aquí

Viaxe ao Courel

fontecervocourelAlumnado de primeiro de bacharelato, acompañado de profesorado do departamento de Ciencias, pasou a fin de semana percorrendo algúns dos lugares máis fermosos do Courel (Lugo).
A ruta de Vilamor a Froxán, pasando polo Castro de Vilar (con baño no río Lor) ocupou o sábado, mentres que o domingo levounos aos dominios espirituais de Uxío Novo Neira, paseando unha Devesa da Rogueira. Na foto, o grupo na Fonte do Cervo probando as augas do cano ferruxinoso e do cano calcario. 

Xadrez no Sofía

xadrezBotaron a andar as actividades de xadrez no Sofía. Grazas á iniciativa do noso alumnado, algún chegado do Ferrolterra, e á dirección deste centro que cedeu o uso dos xogos, xa hai partidas de xadrez nos recreos. Un alicerce máis nos recreos do Sofía por iniciativa desta mocedade afeccionada.

 

A actividade está coordenada pola vicedirectora Laura Suárez Llano e os bibliotecarios Ana Rodríguez Casanova e Armando Alonso Cossío.

O Clube de Lectura do Sofía comezou as súas actividades

librosCon máis alumnado e profesorado que na edición anterior comezaron as actividades do Clube de Lectura do Sofía.

O interese polos libros, as historias agochadas entre as páxinas, a paixón por descubrir novas lecturas xúntanse ao pracer de compartir e comentar lecturas. A biblioteca e outras dependencias acollen ás xuntanzas dos participantes.

Distribuir contido


by Dr. Radut