Curso 2018/19

Reunións das familias do alumnado co titor ou titora

REUNIÓNS DAS FAMILIAS COS TITORES/AS

 

mércores, 17 de outubro, terán lugar

as reunións das familias cos titores/as, no salón de actos do

centro, co seguinte horario:

 

18:00 horas Familias do alumnado de 1º e 2º de ESO

18:30 horas Familias do alumnado de 3º e 4º de ESO

19:00 horas Familias do alumnado de 1º de BAC

19:30 horas Familias do alumnado de 2º de BAC

Formación de alumnado responsable da convivencia no centro

 

Durante o  mes de outubro o alumnado elixido como delegado de cada grupo será formado e dotado das habilidades e características precisas para a mellora da convivencia nas aulas e no centro, tratando de desenvolver no alumnado a capacidade de axuda e de ser axudado como unha dimensión fundamental da convivencia.


Cremos que dispoñer dunha rede social é un dos factores preventivos máis importantes para evitar situacións de acoso escolar. Esta actividade está enmarcada dentro da liña de Mellora da Convivencia dos Contratos Programa e organizada polo Departamento de Orientación do IES Río Cabe.

HORARIOS ENSINANZAS DE ADULTOS

A continuación, facendo click no curso correspondente, podedes descargar o horario do mesmo:

 ESA I-II      ESA III-IV A      ESA III-IV B

 

1º BAC      2º BAC

 

CS Turismo

 

Respecto ao horario do CUALE, as ensinanzas do idioma inglés desenvolveranse no seguinte horario:

Xoves: 17:00 a 18:15 horas

Venres: 15:45 a 17:00 horas

O horario do idioma Francés B1 é:

Xoves: 15:45 a 17:00 horas

Venres: 17:00 a 18:15 horas

 

Por último, as clases do Nivel I de Fútbol impártense os Luns, Mércores e Xoves pola tarde. O Mércores os módulos correspondentes ao Bloque Común e o resto dos módulos os outros dous días da semana.

CONVOCATORIA DE BECAS (MEC) para o curso 2018/2019

Aberto o prazo para solicitar axudas para os estudos en Bacharelato, Ensinanzas Deportivas e F.P. para o curso académico 2018/19 ata o luns 1 de outubro.

Información e solicitudes na web do Ministerio: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar.html

BENVIDOS Ó NOSO CENTRO

Dende o Instituto Río Cabe queremos darvos unha calorosa benvida a todos os membros da comunidade educativa.

Comezamos un novo curso no que desexamos que o noso centro sexa un espazo de convivencia, aprendizaxe, colaboración, estudo, disfrute, oportunidades de medrar e converternos en mellores persoas....

En definitiva, desexamos sentirnos orgullosos de pertencer a este Instituto que leva máis de 50 anos albergando ano tras ano a ilusión e os soños de educar a moitas e variadas xeracións... Benvidos!

  

HORARIO COMEZO DE CURSO EN NOCTURNO

O próximo luns 24 de setembro ás 18:00  horas terá lugar a presentación do curso das Ensinanzas de Adultos deste centro.

A reunión terá lugar no salón de actos. Seguidamente os alumnos dirixiranse ás aulas cos seus titores. Faráselles entrega dos horarios e resolveranse as posibles dúbidas.

As clases comezarán:

 

  • EDUCACIÓN SECUNDARIA ADULTOS: NIVEIS 1/3  DÍA 25 DE SETEMBRO no horario correspondente.
  • BACHARELATO SEMIPRESENCIAL: DÍA 1 DE OUTUBRO no horario habitual.
  • CICLO SUPERIOR DE TURISMO: DÍA 25 DE SETEMBRO 
  • CICLO MEDIO DE TÉCNICO DEPORTIVO: DÍA 1 DE OUTUBRO 

HORARIO DE COMEZO DE CURSO EN DIÚRNO

LUNS DÍA 17 DE SETEMBRO DE 2018

09:00PRESENTACIÓN ESO

ESO 1º

-9:00  Benvida do director, cos titores, no salón de actos ao alumnado e familias.

-9:20-9:30 Reunón do equipo directivo cos pais de 1º ESO

-9:20  Presentación cos titores nas clases

 

ESO 2º, 3º E 4º

-9:00 Presentación cos titores nas aulas

-9:30 Benvida do director, cos titores, no salón de actos

 

10:30 Regreso dos autobuses, que levarán ó alumnado aos seus domicilios

 

O transporte levará aos alumnos ás horas indicadas

 

13:00 PRESENTACIÓN BAC

            13:00 Benvida do director no salón de actos

        13:30 Presentación cos titores nas aulas

 

O martes 18 de setembro as clases serán no horario habitual (8:45 a 14:15)

O  transporte e o comedor funcionarán con normalidade  

Setembro 2018: exames, avaliacións e matrícula

Nesta páxina encontrará o calendario de exames de setembro de 2018 así como datas de avaliacións, entrega de notas e prazo de matrícula extraordinaria para o curso 2018-19:

- Diúrno PENDENTES

- Diúrno ESO

- Diúrno BAC

- Adultos ESA (exames, avaliacións)

- Adultos BAC (exames, avaliacións)

- Diúrno AVALIACIÓNS e ENTREGA DE NOTAS

Distribuir contido