Curso 2018/19

Axudas para a formación en linguas estranxeiras no ano 2019

No DOG do día 20 de febreiro publicase a Orde do 4 de febreiro de 2019, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21 de febreiro e remata o día 20 de marzo.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atópase na seguinte páxina web:

http://www.edu.xunta.es/axudasle 

CHARLA ANA BOULLÓN: POR QUE NOS CHAMAMOS ASÍ? Os apelidos galegos

O cartel foi elaborado polo alumno de 1ºBAC Alejandro García Rodríguez.

Curso dentro del Proyecto Erasmus+ y blog para seguirlo...

 
Como sabéis, nuestra querida compañera Eva Dios está en Holanda desde el domingo día 10 de febrero haciendo un curso dentro del Proyecto Erasmus+.
 
 
Cada día nos cuenta qué está aprendiendo y lo hace de una manera tan auténtica que es casi como si nos lo estuviera contando en persona. ¡Mirad y comprobadlo!
Bye for now,

 Temi

Convocada a proba para que os maiores de 20 anos obteñan o título de bacharelato

A Consellería de Educación, Universidade e Formación vén de publicar a convocatoria da proba para que as persoas maiores de 20 anos obteñan o título de Bacharelato na modalidade de Ciencias e nos dous itinerarios da modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais. O obxectivo é que as persoas que non obtiveron esta cualificación a través das ensinanzas reguladas poidan contar con este título a través da participación nunha proba libre. Cómpre lembrar que a Consellería, ademais de ofertar a posibilidade de cursar o Bacharelato para persoas adultas de forma presencial, semipresencial e a distancia, ten á disposición da cidadanía no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/ea/materiais-didacticos) para a súa descarga gratuíta as guías didácticas precisas para o seu estudo.

Poderán participar nestas probas as persoas maiores de 20 anos (ou que os cumpran no 2019), que non dispoñan deste título ou equivalente e que non estean a cursar ensinanzas de Bacharelato en ningún dos réximes neste curso.

O prazo de presentación das solicitudes será entre o 25 de febreiro e o 11 de marzo de 2019. O exame celebrarase o día 26 de abril de 2019 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Premio fase provincial do Certame da Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Pública de Lugo.

A alumna de 1º de Bacharelato, Sandra Rodríguez Macía, que como xa informamos foi gañadora do concurso local de Biblioteca Pública de Lugo, acaba de gañar tamén a fase provincial dentro da súa categoría cun poema no que transmite a tristeza que a voz lírica padece pola perda dun ser querido nesas datas tan sinaladas.

Un Primeiro Premio que recollerá o próximo 22 de febreiro.

Noraboa!

 

 

Convocadas probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior - 2019

O venres 25 de xaneiro publicouse a Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 ao 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
  • Ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.

Pódese obter máis información ou exames de convocatorias anteriores na seguinte páxina web:

O noso alumnado do Ciclo de Turismo exerce de guía da Exposición ubicada na Biblioteca

 

Os alumnos do Ciclo Superior de Turismo, sempre tan colaborativos, prestáronse voluntarios para ser guías da Exposición que, ata o mércores, podemos ver no Centro e que está aberta ó público en xeral de 17:30 a 19:30. Prepararon unha presentación dos paneis que se expoñen na Biblioteca: nalgún caso explican á premiada de modo teatralizado, como si dela mesma se tratara, e noutros sintetizan moi amenamente aspectos da súa biografía e do seu traballo.

Despois da inauguración pola Secretaria Xeral de Igualdade e de que todo o alumnado do centro a visitase e incluso participase nunha Xincana, relacionada tamén co traballo "Pegadas de muller" que elaboraron, temos a sorte de contar no centro cuns guías que se preparan activamente para desenrolar o seu traballo. Moitas grazas a todos! Foi un placer escoitarvos.

Convocadas probas para a obtención do graduado en secundaria

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución do 15 de xaneiro de 2019 pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de maio e setembro de 2019. Poderán participar nestas probas as persoas maiores da devandita idade e que non estean en posesión do título correspondente nin matriculadas no curso 2018/19 en ensinanzas conducentes a obtelo.

O prazo de inscrición estará aberto do 11 ao 22 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a de setembro. As probas realizaranse o 24 de maio e o  6 de setembro.

O contido do exame estruturarase en  tres ámbitos: Ámbito Científico-tecnolóxico, Ámbito Social e Ámbito Comunicación. No primeiro deles incluiranse os exercicios das materias de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo de Educación Física. A proba do Ámbito Social inclúe os contidos relacionados coas materias de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual e Música. Finalmente, o Ámbito de Comunicación comprende os exercicios de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e Lingua Estranxeira (inglés ou francés).

Na páxina web da Consellería atópanse as unidades didácticas precisas para a preparación destas probas:

Segunda edición de Tecnólog@ por un día

Tras a boa acollida e o interese espertado coa primeira experiencia do programa "Tecnólogo por un día", a Amtega activa a súa segunda edición ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12 a 17 anos coñezan en primeira persoa as dinámicas que dominan ás profesións tecnolóxicas da man de empresas TIC galegas.

O alumnado seleccionado compartirá unha xornada laboral participando nas distintas actividades e tarefas que teña na axenda o directivo asignado (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc...), o que lle permitirá coñecer a dinámica de traballo nestas profesións ou resolver as súas dúbidas vocacionais.

O período de inscrición estará aberto desde o día 25 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Poderán escoller entre as 65 novas prazas dispoñibles que oferta a Amtega xunto coas 14 empresas que colaboran nesta edición. As asignacións realizaranse a través do resultado dun sorteo que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscricións e tendo en conta as preferencias do alumnado. Posteriormente, as empresas poranse en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada que se desenvolverán entre febreiro e marzo.

Para coñecer máis detalles e as instrucións para participar neste programa están dispoñibles os manuais do docente e o alumnado, xunto co modelo de autorización requirido para esta actividade, na sección Documentos do espazo web amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia-segunda-edicionprazo de presentación de solicitudes remata o 8 de febreiro de 2019 e para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Xefatura de Estudos do centro educativo.

As persoas seleccionadas ou interesadas nesta actividade poden tamén descargar e leer o manual do alumn@:

A Secretaria Xeral de Igualdade inaugurou a "Exposición de fotos do Premio Mª Josefa Wonenburger"

Hoxe, luns 28, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, inaugurou a Exposición de fotos do "Premio Mª Josefa Wonenburger", que dende o pasado luns se pode ver na Biblioteca do centro e que (como explicamos noutra entrada) se enmarca no "Programa Donas de si", no plan proxecta.

A titular de igualdade explicoulles a un grupo de alumnos a importancia desas mulleres premiadas, das que se pode coñecer a biografía e os seus avances como pioneiras en diferentes campos da investigación. Tamén se interesou polos traballos elaborados polo alumnado e expostos á entrada da Biblioteca.

Os grupos de 1ºESO que estiveron presentes na inauguración e que traballan no proxecto de Igualdade "Donas de si", antes citado,  participaron en grupos nunha "Xincana Wonenburger" que consistiu nun xogo de 17 preguntas sobre o exposto nos paneis. A proposta foi elaborada por Carlos Parada e as dúas profesoras responsables do Proxecto (Tania Vázquez e Beatriz López).

Podedes ver nas seguintes fotografías algúns momentos do acontecido hoxe.

  

Distribuir contido