Curso 2018/19

Probas de Acceso ao Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte 2019

Convocatoria das Probas de Aptitude Física para o acceso aos estudos de Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física para o curso académico 2019-2020 na Universidade de Vigo e A Coruña:

Campus científicos de verán 2019, para alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato

A Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional acaba de publicar as bases da décima edición do Programa "Campus Científicos de Verano", iniciativa da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Co obxectivo de potenciar o interese dos estudantes de 4º de ESO e 1º de Bacharelato pola ciencia, a tecnoloxía e a innovación, convocan 1.560 prazas para participar en proxectos científicos deseñados por profesores universitarios en departamentos de investigación de 13 Campus de Excelencia Internacional e Rexional, entre os días 30 de xuño e 27 de xullo de 2019.

Campus Científicos de Verano aposta polo fomento das vocacións científicas e, por este motivo, ofrece aos participantes a oportunidade dun contacto directo coa labor diaria dos investigadores nun ambiente universitario e multicultural, que lles axudará a definir a súa proxección futura de estudos. Ademais, os participantes nos Campus poderán gozar de actividades complementarias científico-culturais e de ocio.

O prazo para inscribirse remata o 1 de abril ás 13:00 horas. Máis información e o formulario de inscrición o podedes atopar na páxina web do programa:

Probas das EOI - Alumnado CUALE 2018/2019

Aqueles/as alumnos/as participantes no Programa CUALE 2019 interesados/as en participar nas probas de certificación das ensinanzas de idiomas deberanse matricular na EOI correspondente. O prazo de matrícula está aberto ata o 2/04/2019, e é necesario pasar previamente pola Secretaría do centro a retirar un certificado de estar matriculado en dita ensinanza.

Recordade que o alumnado CUALE 2018/2019 terá carácter de alumnado oficial a efectos do número de convocatorias, polo que disporá das convocatorias ordinaria e extraordinaria para superar as probas correspondentes, e non terá que aboar prezos públicos polo acceso ás probas de certificación.

No seguinte enlace podedes ver algún modelo de probas das EOIs de Galicia:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/2018.03.16_modelos_probas_eoi_galicia.pdf

 

Xornadas de portas abertas para visitar o centro...

O luns 11 de marzo e o luns 18, ás 16:00, faranse visitas guiadas para que se poda coñecer o noso Instituto. 

Recollida do segundo Premio do Concurso de Carteis do 8 de marzo, en Santiago

 

 

Alejandro García Rodríguez, alumno de primeiro de Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o segundo premio do Concurso de Carteis do 8 de marzo de 2019, Día Internacional da Muller, organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. No acto estivo arroupado polos seus compañeiros/as de clase. O premio consiste nun diploma acreditativo e cheque económico para o estudante agraciado e lote de publicacións para a Biblioteca do Centro. Así mesmo, inclúe unha viaxe á casa de Rosalía de Castro e ao Galipark, na que participará o alumnado que comparte clase co premiado. 

Os mozos e mozas que asistiron ao acto desta mañá aproveitaron a oportunidade para visitar tamén a exposición "Castelao Maxistral", na que se pode divisar por vez primeira en Galicia a obra A derradeira leición do mestre, e tamén "Valor e mestría. Galicia como fútbol", sobre a historia dese deporte na nosa Comunidade Autónoma.

 

Poesía na Biblioteca municipal

Hoxe mércores 27 o alumnado de 1º ESO recitou na Biblioteca municipal de Monforte varios poemas de Rosalía de Castro. En coro ou alternando entre varios alumnos o recitado dos versos, foron encadeando poema tras poema nun simbólico acto de homenaxe a unha das principais voces da nosa literatura.

A actividade estaba organizada polo Concello e a Biblioteca para conmemorar o día adicado a dita escritora galega e nela participaron diferentes centros monfortinos. No noso Instituto foron as profesoras Tania Vázquez de L galega e Beatriz López de L.castelá as encargadas de preparar a actividade.

 

Gañadoras do concurso de fotografía convocado pola ANPA

Estas son as alumnas gañadoras do concurso de fotografía "Cores de Outono" convocado pola ANPA do IES Río Cabe: Sofía Pavón (de 3ºB), Paula López (4ºA) e Marina García (4ºC).

As fotografías gañadoras son as seguintes:

 

 

 

O noso alumno de 1º BAC Alejandro García gañou o 2º Premio do Concurso de carteis do 8 de marzo convocado pola Consellería xeral de Igualdade

Este é o estupendo cartel co que Alejandro García Rodríguez, de 1ºBAC B, conseguiu o 2º Premio do Concurso de carteis do 8 de marzo, convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade. Dito traballo foi o elixido para representar ó noso centro no certame no que participaron numerosos centros de toda Galicia.

mércores 27 de febrero os compañeiros da clase de Alejandro acompañarano a recoller o premio na Cidade da Cultura e aproveitarán a viaxe para ver 2 exposicións. Comunicáronnos tamén que a clase do alumno gañador será premiada ó longo do curso cunha visita a un parque temático de Galicia.

Noraboa!

Premio provincial de Poesía na Biblioteca Pública de Lugo

 

Sandra Rodríguez Macía, alumna de 1º BAC A, premiada na fase local do "Certame de poesía Nadal 2018", recolleu tamén na Biblioteca Pública de Lugo o venres 22 o primeiro premio da última fase deste concurso, despois de competir con alumnos e alumnas de todas as bibliotecas da provincia de Lugo. O seu texto poético, que leva por título "A dor no Nadal", será publicado proximamente, xunto co resto de poemas premiados, nun volume colectivo.

O galardón está dotado de estatua de Sargadelos gravada, lote de libros e diploma.

Dende o departamento de Lingua Galega e Literatura facemos extensibles os nosos parabéns á alumna.

Na seguinte foto está a premiada coa súa profesora de L galega, Tania Vázquez, a quen a alumna lle adicou o premio cun emotivo poema. 

Distribuir contido