Poesía na Biblioteca municipal

Hoxe mércores 27 o alumnado de 1º ESO recitou na Biblioteca municipal de Monforte varios poemas de Rosalía de Castro. En coro ou alternando entre varios alumnos o recitado dos versos, foron encadeando poema tras poema nun simbólico acto de homenaxe a unha das principais voces da nosa literatura.

A actividade estaba organizada polo Concello e a Biblioteca para conmemorar o día adicado a dita escritora galega e nela participaron diferentes centros monfortinos. No noso Instituto foron as profesoras Tania Vázquez de L galega e Beatriz López de L.castelá as encargadas de preparar a actividade.