Cóntame un conto

Entrega de Diplomas do Clube de Brindos

 

 

Hoxe (20-6-24) puxemos o broche final ao Club de Brindos do Río Cabe 23-24 cunha graduación do alumnado participante. Entre coplas, risas e unha actuación especial do Trío Brindeiro Canesa, as 32 alumnas e alumnos que formaron parte desta experiencia recibiron un diploma acreditativo e unha bolsa de gominolas como recompensa a todo o traballo realizado durante estes meses.

Excursións, recreos, maios, festas... foron moitos os momentos de practicar, cantar e, sobre todo, pasalo ben e desfrutar dunha tradición que, grazas a esta rapazada, está hoxe máis viva que hai nove meses. 

Grazas (alumnado e profesorado) pola vosa implicación e traballo.

 

Agardamos que desfrutárades coa experiencia e... que viva o brindo do Cabe por moitos anos máis!

Álbum: Escolares -> 2024_20_6_24_3ª_AVA_Clube_Brindos_Entrega_Diplomas_

Brindos e Contos nos coles. Xuño 2024

O alumnado de 1 e 2º ESO que participou no Plan proxecta dos contos e máis no club de Brindos do IES Río Cabe, acompañados polas súas profesoras Pilar López e Sara Porrit

visitaron o martes 18 de xuño de 2024 o colexio das Gándaras e o mércores 19-6-24 visitarán o Colexio Novo para realizar un taller de Brindos co alumnado de 5º e 6º e falarlles do proxecto de contos.

 

Estamos rematando o curso pero aínda quedan forzas  para as últimas saídas!

 

Hoxe fomos visitar ós nosos futuros compañeiros e compañeiras do cole da Gándara para falarlles do proxecto Cóntame un Conto e, xa de paso, ensinarlles como funciona iso dos brindos. 

 

Entre o alumnado de 1° e 2° contamos algúns contos e despois demos un pequeno obradoiro para que o alumnado de sexto da Gándara acabara compoñendo as súas propias coplas.

 

Foi toda unha experiencia para nós e agardamos que eles quedaran con ganas para cando sexan oficialmente alumnas e alumnos do Río Cabe!

 

Álbum: Escolares -> 2024_18_6_24_3ª_AVA_Brindos_Contos_Coles

Plan Proxecta. Cóntame un conto. Saída a Santiago.

 

 

Hoxe,17-6-24, o alumnado de 1° e 2° do Río Cabe, acompañados polas profesoras Carmen Quiroga, Pilar López, e Sara Porrit participaron na Gala de peche do Proxecto Cóntame un conto do Museo do Pobo Galego e

Fundación Antonio Fraguas.


Conducida por María da Pontragha, contadora, durante a Gala escoitamos as historias das compañeiras e desfrutamos da música e das danzas que prepararon o resto de coles.


Con isto pechamos un proxecto no que traballamos durante todo o curso e que deu como resultado os vídeos que podedes ver no seguinte enlace:  

 

https://www.youtube.com/watch?v=RZuRwQJmjZg&ab_channel=IESR%C3%ADoCabe

Álbum: Escolares -> 2024_17_6_24_PLAN_PROXECTA_Contame_un_Conto

Entrevista para o xornal mensual de 2º ESO

13/06/2024 12:23
Europe/Madrid

 

A mañá do martes 11-6-24, o alumnado de 2º da ESO, acompañados pola súa profesora Sara Porrit, realizou a última entrevista deste curso para o seu xornal mensual.

 

Nesta ocasión tiveron a oportunidade de conversar con Hugo GZ un dos membros fundadores de SondaRúa, un grupo de rap galego que, malia separarse no 2023, deixou

temas tan icónicos como "En galego non mola" ou "Salsa Galaica".


Durante a entrevista foron moitos os temas que sairon, dende curiosidades sobre o grupo como a orixe do seu nome ou a canción máis coreada nos concertos, ata o Celta de

 

Vigo e Juan Luis Guerra.

 

Non podemos máis que agradecerlle a Hugo ter colaborado con nós e ter respondido de tan boa gana as nosas cuestións.

 

 

 

 

 

PLAN PROXECTA Cóntame un conto

08/06/2024 10:53
Europe/Madrid

 

PLAN PROXECTA Cóntame un conto

 

 

Estes son os vídeos definitivos que enviamos ao Plan Proxecta Cóntame un conto do alumnado de 1º e 2º ESO. Agardamos que vos gusten.

 

O vindeiro luns, día 17 de xuño de 2024, iremos a Compostela para participar da gala final do programa.

 

 

Na canle de youtube do ies rio cabe podes atopar todos os vídeos.   https://www.youtube.com/channel/UC3qPMGzuYgPskkeOnEGAkSg

 

 

Plan Proxecta: Cóntame un conto (3): Pintando ovos

2023/2024

 

Dentro do Plan Proxecta Cóntame un conto, comezamos cos preparativos en 1º ESO para as gravacións dos contos. A verdade é que as primeiras resultaron moi simpáticas, onde os nervios saen á luz e os ataques de risa son moi positivos.

 


Podes ver fotografías e vídeos picando aquí abaixo:

 

Álbum: Escolares -> 2023_2024_Plan Proxecta_ Cóntame un Conto 3: Pintando ovos

Plan Proxecta: Cóntame un conto (2): Visita á residencia de maiores do Malecón. Monforte de Lemos

 

2023/2024

Dentro do Plan Proxecta Cóntame un conto, o pasado mes de marzo algún alumnado de 1º ESO visitou a residencia de maiores do Malecón para compartir con dous usuarios a arte de contar contos.

Álbum: Escolares -> 2023_2024_Plan Proxecta_ Cóntame un Conto 2_Visita residencia maiores do Malecón_Monforte de Lemos

Plan Proxecta: Cóntame un conto (1)

2023/2024

A rapazada participante no Plan Proxecta Cóntame un contocomezou a recoller contos entre os seus familiares, veciños ou achegados para posteriormente transcribilos e memorizalos para poder contárllelos aos seus compañeiros e compañeiras. O obxectivos deste proxecto é promover a actividade de contar contos tradicionais e fomentar o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e o emprego do uso da lingua galega.

 

Alén disto aproveitaremos para visitar algunha residencia de maiores do noso concello co fin de que os usuarios e usuarias poidan transmitirlles aos escolares o seu coñecemento popular oral, o que será, ben seguro, unha xornada moi interesante de contacto interxeracional.

 

A medida que o alumnado vaia practicando o xeito de contar, irémosvos amosando o ben que o fan.

 

O álbum elixido (aid = 444) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

1º ESO e 2º ESO. Maios en Monforte de Lemos

08.05.2024

 

Na tarde do 8 de maio de 2024 o alumnado de 1º ESO e 2º ESO acompañado da súa profesora de Lingua Galega e Literatura, Sara Porrit, participaron co seu Maio no Día dos Maios en Monforte de Lemos.

Álbum: Escolares -> 2024_05_08_3ª AVA_1º ESO_2º ESO_Maios_Monforte de Lemos

1º ESO e 2º ESO. Regueibertso. Igorre (País Vasco)

1,2,3 / 05 / 2024

 

Varios membros do IES Río Cabe dos cursos 1º ESO e 2º ESO que forman parte do Club de Brindos, acompañados da súa profesora de Lingua Galega e Literatura Sara Porrit, participan do 1 ao 3 de maio de 2024 no Regueibertso celebrado en Igorre (País Vasco). Trátase nun certame onde participa alumnado e profesorado involucrado na difusión, estudo e transmisión do canto improvisado.

Xunto ao alumnado do IES Río Cabe de Monforte de Lemos tamén participaron no encontro o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces e o CPI Afonso VII de Caldas de Reis. 

 

Pica AQUÍ abaixopara ver a galería de fotos da actividade:

Álbum: Escolares -> 2024_05_01_02_03_3ªAVA_1° ESO_2º ESO_Regueibertso - Igorre (País Vasco)
Distribuir contido