Por 365 días de igualdade
Saída da ESA
O alumnado da ESA, acompañado da profesora do Ámbito Social, Ana Delgado, e da profesora do Ámbito de Comunicación, Noelia Besteiro, ralizaron unha saída para coñecer o Monforte máis monumental. Fixeron unha visita guiada á Torre da Homenaxe e tamén ao conxunto de San Vicente do Pino. Logo, pasearon polo Barrio Xudeo, Praza de España, Rúa Cardeal e finalmente visitaron a igrexa dos Escolapios. Aproveitaron para poñer en marcha os coñecementos adquiridos na materia de Historia sobre castelos e fortalezas, e ademais practicaron a expresión oral en lingua galega, facendo pequenas exposicións sobre os lugares que visitaron.
Sen dúbida, esta saída tan proveitosa foi unha fermosa maneira de pechar este curso 23/24.
1º ESO. Proxecta Igualdade. Obra de teatro "Mulleres na rede" por Estíbaliz Veiga
29.01.2024
O alumnado de 1º ESO puido gozar da obra representada por Estíbaliz Veiga "Mulleres na rede", dentro do Plan Proxecta Igualdade deste ano académico 2023 2024 que encabeza a profesora Noelia Besteiro. Foi unha representación onde o alumnado puido comprobar os perigos que conlevan as redes sociais e aprenderon a facer un bo uso delas.
Río Cabe polo mundo - Inclusión e visibilidade
Leidi Aldana Rodríguez, antiga alumna do Río Cabe, participa, xunto cunha compañeira , nun programa de radio no país Vasco, comunidade onde reside na actualidade, para reivindicar a inclusividade das persoas con diversidade funcional e para facer unha chamada de atención sobre a dificultade que supón moverse en cidades non deseñadas tendo en conta as súas necesidades.