Curso 2018/19

A Profesora M. Esperante realiza un curso enmarcado no proxecto Erasmus+

 
Aquí tenemos a Mari Esperante por las hermosas y frías tierras de Dublín, realizando el curso Erasmus+ de metología centrada en el alumno y su papel activo en el proceso de aprendizaje.
 
Os animo a seguir su blog: En él nos va contando qué aprende cada día, no sólo con teoría, sino analizando casos concretos y prácticos de los profesores participantes.

Hoy viernes es el penúltimo día del curso. El lunes la tendremos de vuelta y ya nos contará en persona cómo ha sido la experienca.

 Temi Madarnás

EXPOSICIÓN "DONAS DE SI"

O

O luns 21 quedou instalada na Biblioteca a Exposición de fotos do premio "María Josefa Wonenburger" que depende da Secretaría Xeral de Igualdade. A exposición recolle unha breve biografía das mulleres galegas que dende o 2007 recibiron os premios (que levan o nome da citada matemática galega) pola súa adicación a algún campo da tecnoloxía ou a ciencia.

Dita exposición está enmarcada dentro do Programa "Donas de si", que está dentro dos plans proxecta nos que participa o IES Río Cabe este curso. Neste proxecto en concreto estase a traballar a igualdade de xénero co alumnado de 1ºESO, organizado pola profesora de Lingua galega Tania Vázquez e a de Lingua Castelá Beatriz López.

Paralelamente a dita exposición, o alumnado de 1º ESO vén de rematar unha liña do tempo (que pode verse na entrada da Biblioteca) que leva por título "Pegadas de muller" na que se representaron diferentes mulleres que fixeron historia e formaban parte do seu maxín. Os resultados foron visualizados tamén nunhas nubes de palabras que amosan os nomes de mulleres e homes que recoñecen.

 

Ata o xoves 31 no que remata a Exposición, todo o alumnado do centro e o profesorado terá a oportunidade de implicarse nesta experiencia.

Invitamos ó público en xeral a coñecela. Por dito motivo,  os días 28, 29 e 30 (de luns a mércores) a Biblioteca permanecerá aberta de 17:30-19:30. As persoas que queiran asistir a unha visita guiada, será realizada polo noso alumnado do Ciclo de Turismo de 17:30-18:00

Premio fase local certame de Poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Pública de Lugo

Unha alumna do IES Río Cabe recibe o primeiro premio no certame de poesía «Nadal 2018».


Sandra Rodríguez Macía, alumna de primeiro de Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, vén de recibir o primeiro premio na fase local do certame de poesía «Nadal 2018», organizado pola Biblioteca Pública de Lugo, coa súa composición «A dor no Nadal», na que transmite a tristeza que a voz lírica padece pola perda dun ser querido nesas datas tan sinaladas. Esta estudante, que competía na categoría C (de 12 a 16 anos), recollerá o galardón o próximo xoves día 24.  A premiada non só destaca no ámbito literario, senón tamén no deportivo, pois hai tres anos a súa destreza xa fora recoñecida ao lograr ser gardameta do Monte Forte.

A alumna presentouse ó Concurso animada pola súa profesora de galego Tania Vázquez.

 

Despois de recoller o Premio:

XIV Edición da Olimpíada española de Bioloxía. Fase galega

XIV Edición da Olimpíada Española de Bioloxía-Fase Galega

Catro  alumnas de 2º de Bacharelato participaron, o venres 18 de xaneiro, nunha nova Olimpíada de Bioloxía, celebrada este ano na Facultade de Ciencias da Coruña, na que os mellores estudantes de Bioloxía de toda Galicia (un total de 80),  competiron por demostrar os seus coñecementos nesta materia.

O certame consistiu, un ano máis, na resolución duha proba teórica tipo test e unha proba práctica, ámbalas dúas probas de hora e media de duración cun pequeño desancanso-apretivo entre elas para repoñer forzas.

Ao longo da mañá, os profesores acompañantes participamos nunha serie de actividades formativas conformadas por ponencias de docentes da Universidade da Coruña, en concreto por Esther Rodríguez Belmonte (Grupo de investigación Regulación de la expresión génica y sus aplicaciones) e Federico Pomar Barbeito (Grupo de investigación de biología evolutiva).

Pola tarde e despois de xantar, asistimos todos, alumnos e docentes a unha conferencia sobre “Fauna próxima”,  rematando o día co acto de clausura e entrega de diplomas polas autoridades presentes.

As nosas alumnas tiveron a oportunidade de compartir un día único con estudantes de toda Galicia cun interés común pola ciencia e concretamente pola Bioloxía, ademáis de ter a sorte de realizar a proba práctica nos laboratorios da Universidade, algo que non está o alcance de todos. Así que, aínda que non conseguísemos ningún dos tres pases para representar a nosa comunidade na Fase Nacional, que este ano terá lugar en Palma de Mallorca, foi un día que quedará na nosa retina durante moito tempo.

 María Padrón

Plan Proxecta

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros educativos.

Dentro do ánimo do centro de participar en diferentes iniciativas educativas, solicitáronse varios programas para o curso académico 2018/2019, dos cales foron concedidos os seguintes:

Aprendo Programando

Por 365 días de respecto e igualdade

Donas de si

Consumópolis

Apuntápomonos a non beber

Parlamento Xove

Educación patrimonial

BO NADAL.

A anterior é a felicitación de Nadal coa que, desde  a Comunidade educativa, felicitamos o Nadal e  Aninovo.

Foi a postal gañadora do concurso convocado dende o Departamento de Plástica e a Biblioteca do centro. O deseño, sobre o logo do Río Cabe,  realizouno a alumna de 4ºC Nina González López. 

E na entrada do centro impresiona esta proposta da Biblioteca na que colaboraron alumnos, profesores e pais... ó decorar a man 262 CD´s  cunha mensaxe que configura unha grande árbore de bos desexos. 

Bo Nadal e Feliz Aninovo.

Boletín familiar: Que transmites aos teus fillos?

No documento adxunto, ou facendo click na imaxe, podedes descargar o Boletín de información para pais/nais/titores legais do mes de Decembro de 2018 elaborado pola Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos e o Equipo de Prevención:

 

Se tedes interés en consultar algún boletín anterior podedes descargar os mesmos a través da páxina do Concello de Monforte. (Área de sanidade, apartado Boletín Familiar), solicitalo na UAD, consultar o seu facebook ou persoalmente a través do Telf. 982 400 495.

Os alumnos de 4º ESO participaron na actividade do Concello "En negro contra a violencia" . No centro: "Nos teus zapatos nos seus zapatos" foi a proposta da Biblioteca

Co gallo do 25 de novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, o Concello de Monforte convocou a actividade: “Monforte en negro”, na que se propón vestir de loito en todo o Concello en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. 

No marco desa proposta, hoxe, venres 23 de novembro, no Parque dos Condes ás 12:00 convocouse a alumnado de 6º de primaria e 4º de ESO de distintos centros para participar nun acto no que se leu un manifesto e, a continuación, propúxose a formación dunha cadea humana que bordeou o río Cabe de modo simbólico. Proporcionouse material para que todo o alumnado fose vestido de negro en sinal de loito.

Os nosos estudantes de 4º ESO participaron masivamente no acto, que non puido ser levado a cabo na súa totalidade por problemas climatolóxicos. Na seguinte imaxe recollemos algúns momentos da xornada:


E, no centro, co lema "Nos teus zapatos, nos seus zapatos" houbo unha orixinal e impactante chamada de atención preparada pola encargada da  Biblioteca , Flor, e polo profesor do equipo da Biblioteca e de Plástica, Bernardino, cos que colaboraron os alumnos. Poden verse os detalles na páxina de Bibliocabe.

Cando se cruza a porta do IES Río Cabe, ninguén queda indiferente.

 

Charla sobre drogas

O pasado 24 de outubro pola tarde, os nosos alumnos de Educación Secundaria obrigatoria de adultos asistiron á charla que Luisa Astray, educadora social da unidade asistencial de drogodependencias do Concello de Monforte, impartiu no centro para falar de diferentes aspectos de interese sobre o consumo de drogas.

Tecnólog@ por un día

"Tecnólogo por un día" é unha actividade na que os estudantes de 12-17 anos experimentarán en primeira persoa como é un día de traballo no marco das profesións dixitais nunha grande empresa TIC. 

O alumnado seleccionado compartirá unha xornada laboral participando nas distintas actividades e tarefas que teña na axenda o directivo asignado (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc...), o que lle permitirá coñecer a dinámica de traballo nestas profesións ou resolver as súas dúbidas vocacionais.

Hai prazas dispoñibles en empresas tecnolóxicas das vilas de Ames, A Coruña, Vigo e Santiago de Compostela. O período de inscrición do alumnado comeza o 17 de outubro de 2018, sendo as prazas concedidas tendo en conta as preferencias trasladadas na solicitude e a orde de inscrición.

O programa desenvolverase entre o 29 de outubro e o 04 de decembro de 2018. A data e o horario concretos da xornada serán establecidos entre o/a alumno/a participante e a empresa colaboradora. prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de outubro de 2018 e para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Xefatura de Estudos do centro educativo.

As persoas seleccionadas ou interesadas nesta actividade poden tamén descargar e leer o manual do alumn@:

Distribuir contido