Recollida do segundo Premio do Concurso de Carteis do 8 de marzo, en Santiago

 

 

Alejandro García Rodríguez, alumno de primeiro de Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, recibiu hoxe na Cidade da Cultura de Galicia o segundo premio do Concurso de Carteis do 8 de marzo de 2019, Día Internacional da Muller, organizado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. No acto estivo arroupado polos seus compañeiros/as de clase. O premio consiste nun diploma acreditativo e cheque económico para o estudante agraciado e lote de publicacións para a Biblioteca do Centro. Así mesmo, inclúe unha viaxe á casa de Rosalía de Castro e ao Galipark, na que participará o alumnado que comparte clase co premiado. 

Os mozos e mozas que asistiron ao acto desta mañá aproveitaron a oportunidade para visitar tamén a exposición "Castelao Maxistral", na que se pode divisar por vez primeira en Galicia a obra A derradeira leición do mestre, e tamén "Valor e mestría. Galicia como fútbol", sobre a historia dese deporte na nosa Comunidade Autónoma.