Segunda edición de Tecnólog@ por un día

Tras a boa acollida e o interese espertado coa primeira experiencia do programa "Tecnólogo por un día", a Amtega activa a súa segunda edición ofrecendo novas prazas para que estudantes de 12 a 17 anos coñezan en primeira persoa as dinámicas que dominan ás profesións tecnolóxicas da man de empresas TIC galegas.

O alumnado seleccionado compartirá unha xornada laboral participando nas distintas actividades e tarefas que teña na axenda o directivo asignado (reunións, visitas a clientes tecnolóxicos, comida de traballo, etc...), o que lle permitirá coñecer a dinámica de traballo nestas profesións ou resolver as súas dúbidas vocacionais.

O período de inscrición estará aberto desde o día 25 de xaneiro ata o 8 de febreiro. Poderán escoller entre as 65 novas prazas dispoñibles que oferta a Amtega xunto coas 14 empresas que colaboran nesta edición. As asignacións realizaranse a través do resultado dun sorteo que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscricións e tendo en conta as preferencias do alumnado. Posteriormente, as empresas poranse en contacto cos/as participantes para concretar a data e o horario da xornada que se desenvolverán entre febreiro e marzo.

Para coñecer máis detalles e as instrucións para participar neste programa están dispoñibles os manuais do docente e o alumnado, xunto co modelo de autorización requirido para esta actividade, na sección Documentos do espazo web amtega.xunta.gal/tecnologo-por-un-dia-segunda-edicionprazo de presentación de solicitudes remata o 8 de febreiro de 2019 e para calquera dúbida poden poñerse en contacto coa Xefatura de Estudos do centro educativo.

As persoas seleccionadas ou interesadas nesta actividade poden tamén descargar e leer o manual do alumn@: