Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Celebración do Entroido

Celebramos o entroido no Instituto un ano máis. Queimamos o Meco ben queimado e houbo unha grande participación de alumnado. Moita pintura nos rostros, caretas, vestimentas e ornamentos carnavaleiros, concursos de disfraces, convertiron as últimas horas lectivas do venres 1 de marzo nun bulir cheo de vivacidade, estrondo e animación.

 

Noraboa!

 

Debate sobre Xornalismo

O 22 de febrero, no marco do Día de Rosalía, visitaron o noso Centro dous destacados xornalistas: Tino Lago, o director de A Nova Peneira, xornal que ten moito impacto na comarca e en parte da provincia de Pontevedra, e Sara Vilas, exalumna do Instituto e agora periodista no Diario de Pontevedra.

Rosalía Sempre!

Un curso máis celebramos o 22 de febrero o DÍA DE ROSALÍA. Reivindicamos a nosa grande pensadora, a escritora, a súa literatura. A súa mirada liberada e liberadora. O seu compromiso intelectual con Galicia.

Ana Carreira no noso Centro.

O pasado 22 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da Eso tiveron a sorte de asistir á charla de Ana Carreira, contacontos dende hai 20 anos, deleitounos coas súas narracións orais e reflexións entorno a como se deben contar os contos. O alumnado interactuou con ela e participou das súas preguntas e actuación.

Obradoiro de educación afectivo - sexual - Quérote +

O pasado xoves 14 de febreiro de 2019, o alumnado de 3º da ESO participou nun Obradoiro de Educación afectivo – sexual impartido por unha psicóloga dos centros Quérote + (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

En 2 Bach apuntámonos ás tertulias literarias!

Pablo Gil, Alejandro Mariño e Brais Rocha comentan Cousas de Castelao.

Distribuir contido


by Dr. Radut