Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

O Que Arde

 

Hoje, 28 de novembro de 2019, fomos ver "O Que Arde" com 50 alunos/as das Neves.

Elxs adoraram mas muitxs ficaron tristes porque lembravam o acontecido há 3 anos. Talvez a educação sirva para alguma coisa e o monte entre na escola e com um futuro melhor para todxs. A lingua comprometida com o nosso ambiente.

Esta actividade foi promovida pela vice-direção, o Dep. de Lingua Galega, Biblioteca e  EDLG.

Obradoiro de percusión Afrobahiana

 Corenta alumnos/as dende 1º da ESO ata 2º de BACHARELATO asistiron o pasado luns 11 de Novembro ao auditorio de As Neves para participar nun Obradoiro de Percusión impartido polo percusionista e actor Xurxo Troncoso.


En relación coa recoñecida música do Samba Enredo do Carnaval de Río de Xaneiro,  neste Obradoiro tratamos un fenómeno musical distinto: con entidade propia e cunhas dimensións e excelencias tan ricas ou máis ca Carioca do Río de Xaneiro: A PERCUSIÓN AFROBAHIANA .

EXPOSICIÓN “REIXAS. MULLERES BAIXO O TERROR FRANQUISTA”

 Na semana do luns 11 ao venres 15 deste mes de novembro temos no noso Instituto, en Usos Múltiples, a exposición “Reixas. Mulleres baixo o terror franquista”. Son seis paneis dobres que recollen, a través de 78 fotografías e a historia de 172 mulleres, as terribles consecuencias do Golpe de Estado franquista do 36 sobre as mulleres na provincia de Pontevedra. A exposición está artellada a partir de tres grandes eixes: contextualización histórica (os logros da II República), represión en todas as modalidades da ditadura franquista contra as mulleres, e recoñecemento do labor solidario e resistente das mulleres.

XA TEMOS LUDOTECA!!

Co inicio de curso puxemos en marcha un novo proxecto no IES: a creación dunha ludoteca. Nela podes atopar diferentes tipos de xogos de mesa que traballan habilidades distintas, desde a competencia matemática, a lingüística, a capacidade atencional... Deste xeito, a rapazada adquire, de maneira inconsciente e lúdica, unha chea de destrezas que tamén a están a educar.

Así que, desde este curso,  tamén APRENDEMOS XOGANDO!!

 

Posadoiro do correlingua 2019 - IES Pazo da Mercé

A actividade consiste en que o alumnado  pose diante da imaxe que anexamos cos materiais que elaboraron ou simplemente en grupo. Unha vez feito o posadoiro, o centro remitmos as fotos a este correo (correlingua@gmail.com) e desde o Correlingua colgarán as fotos na súa páxina web e páxinas de Facebook e Instagram. Así mesmo, colgamos tamén estas fotos na nosa web.

O GALEGO É A FÓRMULA

O Salto

 O pasado venres 11 de outubro 2019 tivemos a a sorte de poder presentar o documental “ O SALTO ” de Adrián González, documentalista e ex alumno do centro, alén de contar coa súa presencia no visionado.


Realizamos o evento en usos múltiples desde ás 12 e 10 ás 13:10 e acudiron a velo o alumnado dos grupos de 3º pmar,4º a, 4º b, 1º bacharelato, 2º bacharelato e ciclo medio.

Distribuir contido


by Dr. Radut