Corenta alumnos/as dende 1º da ESO ata 2º de BACHARELATO asistiron o pasado luns 11 de Novembro ao auditorio de As Neves para participar nun Obradoiro de Percusión impartido polo percusionista e actor Xurxo Troncoso.
En relación coa recoñecida música do Samba Enredo do Carnaval de Río de Xaneiro, neste Obradoiro tratamos un fenómeno musical distinto: con entidade propia e cunhas dimensións e excelencias tan ricas ou máis ca Carioca do Río de Xaneiro: A PERCUSIÓN AFROBAHIANA .