Preparando o curso 24/25 o 6 de maio tocou a tradicional visita dos rapaces e rapazas dos nosos centros adscritos, que comezarán o vindeiro setembro 1° da ESO. Sede benvidos e benvidas ao noso centro!
O 3 de maio pasou pola aula de 2° de bac. Claudia @terraudiovisual para falarlle ao alumnado da plataforma @unigowig, onde poden entrar en contacto con estudantes de grao ou fp para que lles resolvan dúbidas de primeira man.
O vindeiro 7 de maio terá lugar no noso IES a "Primeira edición do campionato de programación". Con invitación aos centros con CS de DAW/DAM: IES de Teis, IES de Rodeira, IES Armando Cotarelo, CIFP A Carballeira, IES Chan do Monte, IES Ramón Aller