Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Datas e Datos

O pasado 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, acudimos a un acto celebrado no Concello para nos manifestar en contra desta lacra social. Porén, ao día seguinte, consideramos que os acontecementos que estamos a vivir esixen unha atención maior como para circunscribir a repulsa a un día determinado. Por iso, puxemos en marcha un proxecto que tiña como finalidade, por un lado, manifestar o noso rexeitamento contra este problema social e, por outro, evidenciar dunha maneira rotunda, a través dos datos, a gravísima magnitude desta desgraza.

Certame de CONTOS BREVES en Galego

O EDLG en coordenación co departamento de Lingua Galega, ven de organizar un certame de contos cortos para 1º da ESO. Haberá premios aos mellores contos e serán publicados na revista " O Serodio". Animamos ao alumnado a que sexa creativo en galego.

O Profesor Carracedo no noso Instituto: INOLVIDABLE

O pasado martes 22 de xaneiro tivemos o luxo de escoitarmos ao profesor Anxo Carracedo. Este galego de Santa Comba é un dos grandes científicos do noso tempo. A súa paixón, xunto co mar, é a xenética. O seu humanismo e carácter afable, a emoción con que transmite o seu saber, a súa sinxeleza, a súa sensibilidade prenderon de seguida no auditorio que o escoitaba. Admiramos as súas palabras.

Revista do EDLG “ O Serodio”

Sacamos ao prelo un novo número da revista do EDLG “ O Serodio” neste primeiro trimestre pasado do curso 2018/19.

Nela, contamos coa colaboración do alumnado para a redacción, busca de información, entrevista e creación. A Dirección implicouse de cheo na procura de outros artigos incluídos e tamén na enmaquetación e destribución da mesma.

Animamos a toda a comunidade educativa a axudar a que este proxecto medre e aporte os seus contidos , textos, fotos, debuxos, etc. Todos e todas estades convidados e convidadas a facer do Serodio a vosa revista.

 

Inauguración do Graffiti

O martes 11 tivemos  un acto institucional de inauguración do graffiti elaborado polo alumnado de 3º ESO A na entrada do Pavillón. Fomos un dos 10 centros educativos de toda a provincia seleccionados pola Área de Xuventude da Deputación de Pontevedra para a realización desta composición de arte urbana. Desde a nosa perspectiva quixemos que a creación traballada polo alumnado amosase o proxecto "O monte nace na Escola", no que estamos involucrados.

Samaín

O pasado luns 5 de novembro asistimos co alumnado de 3º e 4º da ESO e de FP básica, a unha charla sobre o Samaín impartido polo catedrático de matemáticas Braulio Amaro Caamaño quen nos fixo unha presentación na que explicou a orixe, evolución e importancia do calendario que temos a día de hoxe, a relación entre a astronomía e a medición do tempo para os nosos antergos e o significado das datas do Samaín. No contexto da cultura europea o Samaín foi e segue a ser en certas zonas, unha data de referencia para as diferentes culturas existentes na antigúidade tanto no continente como nas illas británicas.

 

Esta charla foi organizada polo Equipo de dinamización lingüística do galego.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut