Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

Saída do armario

APOIO Á LOITA LGBTI

O 11 de outubro realizamos un acto simbólico, baixo a denominación de “Saída do armario”, simultáneo a todos os centros de ensino que forman parte da Rede Educativa de apoio a LGBTI. Sendo simbólica esta iniciativa, que contou coa participación de moitas e moitos no noso centro, preténdese dar o apoio á diversidade afectivo-sexual e rexeitar as condutas discriminatorias que se dan contra iso e que padecen moitas persoas.

 

Contra o feminicidio

 

O noso instituto fixo, de xeito inmediato, visibilizar un NON ao feminicidio. Por desgraza, estes asasinatos machistas volveron darse en Valga o pasado apenas iniciado o curso. O 17 de setembro usamos palabras contra esta barbarie.

Por un porvir máis sostible

 Mobilización xeral polo clima


O noso centro sumouse activamente o pasado venres 27 de setembro ás mobilizacións internacionais que se convocaron contra as políticas de agresión ao planeta. Estas políticas dominantes están a deteriorar moi aceleradamente o clima e, en última instancia, as condicións de vida dos pobos. A este acto, celebrado no patio do Instituto, sumáronse o Alcalde das Neves e a concelleria de Educación.

SEMANA DAS LETRAS: CONCERTO, LECTURAS...

Nos días previos ao 17 de maio, “día das Letras Galegas”, celebramos con algúns actos a reivindicación da nosa lingua e cultura, este ano centrada na figura de Antonio Fraguas.

ACTIVIDADES IGUALDADE

O alumnado da ESO asistiu, nos meses de abril e maio, aos seguintes obradoiros:

25 DE ABRIL SEMPRE!

Un ano máis celebramos no Instituto a data do 25 de Abril, conmemorativa do fin da ditadura en Portugal e a chegada dun proceso democrático. Unha vez máis foi momento de lembrar os caraveis vermellos, o lema de “O povo é quem mais ordena” e o “Grândola Vila Morena”, a canción de José Afonso que serviu de sinal “revolucionario” nesa data. Realizamos entre outras cousas coas axuda de profes e alumnado unha chamativa pancarta conmemorativa que se pendurou na entrada do Edificio Novo. Grazas e todos e “25 de abril Sempre!”.

Distribuir contido


by Dr. Radut