Skip to Content

Actividades no centro

Actividades no centro

O AMOR NO SÉC. XXI

 O 20 de xaneiro a profesora da Universidade de Vigo Amada Traba e a filósofa Chis Oliveira conversaron co alumnado dos Bacharelatos en torno ao tema do amor.

A partires das temáticas recollidas no seu libro Am@me, que xa vai pola quinta edición, reflexionaron sobre a educación desigual e a súa influencia no mal-querer. Apostaron por unha educación en igualdade que nos axuda a construír relacións máis satisfactorias e por compartir os coidados.

SORRISOS TRANSFORMADORES

Desde 9 de febreiro até o 22 acollemos no centro a exposición “Sorrisos TRANSformadores”, unha iniciativa da Diputación de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Familias de Menores Trans* de Galicia (ARELAS) e que conta coas fotografías de Noemí Chantada. Este proxecto trata de prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e as identidades de xénero.

Para complementar a exposición contamos cunha charla moi interesante de Cristina Palacios, presidenta de ARELAS. A presentación do acto correo a cargo do alcalde e o tenente de alcalde das Neves, a deputada provincial Ana Laura e o director do noso IES.

A DIVERSIDADE AFECTIVO-SEXUAL

Esta semana estiveron no centro Ana Ojea, profesora do IES Politécnico de Vigo e a única titora LGBTIQ+ de Galicia acompañada polo grupo de apoio ao alumnado "Apóiate", entre as que se atopaba unha antiga alumna do noso instituto.

Na charla faláronnos do proxecto que levan a cabo no seu centro para apoiar e crear un entorno seguro e afectuoso para a rapazada do colectivo lgbtiq+.

A formación e a visibilización son verdadeiramente importantes para non excluír e aprender a aceptar diferentes modelos de vivir e de sentir.

 

CHARLA DE MARÍA SOLAR

O pasado luns 16 de decembro , alumnado de 3º ESO e do club de lectura, participamos nunha charla de escritora María Solar, autora do libro “Os nenos da varíola”.

Tivo lugar no IES Luís Seoane de Pontevedra e acudimos 5 centros de ensino.

Esta actividade foi organizada polas Escolas UNESCO, O club de lectura e o departamento de Lingua galega para homenaxear a figura de Isabel Zendal considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

As Escolas UNESCO de Galicia imos adicarlle o día da Paz o próximo 30 de xaneiro.

SEMANA DO 25N

ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As inquietantes cifras de asasinatos de mulleres son o dato máis visible dunha lacra social que cómpre erradicar. Non obstante, amais das mortes hai tamén outras violencias, máis ou menos visibles, que 

debemos aprender a identificar para podelas afastar das nosas vidas. Por iso, este ano decidimos  dedicar unha semana a concienciar á rapazada no rexeitamento de calquera conduta de maltrato, entendendo por isto o oposto ao “bo trato”, ao trato igualitario entre mulleres e homes. 

O lema arredor do que pivotou a semana e que nos serviu de marco para o Manifesto así como para os autocolantes que repartimos por todo o instituto foi: Sobran mortes e faltan condenas!

O Magosto 2019

Este ano a celebración do Magosto fíxose esperar porque a chuvia non nos daba un descanso. Aínda así, logramos facernos cunhas castañas comestibles que nos alegraron a mañá. O noso castañeiro particular, o profesor Calía, ocupouse da elaboración mentres a rapazada do centro participaba na celebración das cucañas.

 

Para conseguir gañar os dous premios do Concurso de cucañas o alumnado, dividido en grupos mixtos de 5 persoas, debía de superar no mínimo tempo posible 11 probas. Os desafíos que se lle propuxeron eran do máis variado: dicir un trabalinguas cun polvorón na boca, elaborar un rap, subir por parellas a escaleira central aguantando unha pataca na fronte, resolver enigmas... Ademais, a xornada foi amenizada polas cantareiras que temos no IES. En definitiva, pasamos unha mañá agradable e divertida.

Distribuir contido


by Dr. Radut