Sae o cuarto número de Marco Numérico
O presente volume ten carácter monográfico e está centrado na análise dos datos asociados á pandemia da COVID.
Marco Numérico é a publicación de investigación matemática do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces), onde se recollen traballos realizados por alumnado do centro. A revista, de periodicidade anual e xurdida no curso 2017-18 a iniciativa do departamento de matemáticas do centro, quere recoller os traballos de investigación realizados polo alumnado, tomando as matemáticas como eixo central. Os traballos, suxeitos aos estándares de rigor e forma propios do ámbito académico, deben ser orixinais en canto á metodoloxía empregadas, coidar a formulación e contraste de hipótesis e a elaboración de conclusións propias.
Para este último número, o alumnado traballou en exclusiva sobre datos asociados á COVID. O actual contexto pandémico puxo de relevo a importancia de comprendermos os conxuntos de datos, co obxectivo de prever a evolución futuro e anticipar certas decisións. Neste sentido, a pandemia puxo ante a sociedade un volume moi amplo de información que debe correctamente analizada de xeito que sexamos quen de estimar e anticipar a súa evolución futura, mesmo en contextos altamente volatis como o que estamos a vivir.
Polinomio de Lagrange na interpolación da COVID durante o confinamento
Diferenzas divididas na evolucion da mortalidade por COVID
Interpolacións comparadas na pandemia da COVID en Galiza
O teorema de Bayes na detección da COVID-19
Inferencia bayesiana na interpretación dos tests de diagnostico da COVID-19
Incidencia da mobilidade na evolución da COVID
Número básico de reprodución no control de epidemias
Aplicación do modelo SIR aos contextos COVID galego e cruceño
Distribución de probabilidade da curva de casos COVID
Estratexia de contención ante a pandemia. Unha solución desde teoría de xogos
Intervalos de confianza para a media de casos COVID diarios
O volume conta cun limiar do profesor de Ángel Carracedo, da USC.
Ver texto íntegro do volume IV