Admisión a FP. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2020-2021
Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.
O prazo de reclamación contra estas listaxes é ata as 13:00 horas do mércores 15 de xullo de 2020, debendo realizar a reclamación no centro no que se presentou a solicitude.
Co fin de garantir a confidencialidade, cada solicitante está identificado con un código persoal de consulta (CPC). Trátase dun código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP, e que se pode obter a través da aplicación informática ciclosadmisión. Para calquera tipo de dúbida en canto á obtención do CPC, é pertinente consultar as instrucións para obter o mesmo nesta ligazón.
Para máis información e consulta das listaxes, preme neste enlace.