Becas 2019-2020. Resolución definitiva e prazos de recurso
O Ministerio de Educación e FP ven de publicar as resolucións definitas correspondentes ó curso 2019-2020 da Convocatoria Xeral de Bolsas e Axudas ó Estudo para Niveis Postobrigatorios Non Universitarios e da Convocatoria para Alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
De ser necesario, as datas para a presentación de Recurso de Reposición, que deberá efectuarse cumprimentando o modelo adxunto, son as seguintes:
- CONVOCATORIA XERAL, do día 3 de xuño até o 2 de xullo, ambos días incluídos.
- CONVOCATORIA DE APOIO EDUCATIVO, do día 2 de xuño até o 1 de xullo, ambos días incluídos.
As listaxes de Convocatoria Xeral poden consultarse na páxina web do Ministerio de Educación y FP.
No que respecta á Convocatoria de NEAE as listaxes non son públicas, recibindo o alumnado a comunicación correspondente por vía telemática dende o Ministerio de Educación e FP.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO RECURSO.pdf | 41.32 KB |