Patios dinámicos
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 26/03/2020 - 14:16
Durante este curso, e como iniciativa para promover a convivencia no centro e a integración, leváronse a cabo xogos durante os recreos, promovidos por un grupo de alumnas voluntarias de 1º curso do ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia e un grupo de alumnado do curso de 3º da ESO.
Sen dúbida, o brilé foi o que tivo máis éxito!
Esperando voltar pronto ás clases para seguir xogando e convivindo!