Prevención do consumo de drogas e alcol - Plan Director
A Garda Civil visitou o noso centro de novo, nesta ocasión para impartir a charla para prevención do consumo de drogas e alcol ó alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º da Formación Profesional Básica e 1º do ciclo medio de Soldadura e Caldeiraría.
Na sesión informouse ó alumnado dos distintos tipos de drogas e as consecuencias do seu consumo, desmitificando incluso algún tipo de drogas das que a miúdo temos unha imaxe como menos daniñas. O certo é que calquera abuso de sustancias ten consecuencias, ben sexa a curto ou a longo prazo, pero todas elas van ter efectos na nosa saúde, tanto física como mental, aspecto que poido ser coñecido polo alumnado a través dos exemplos indicados pola axente.
Asemade, tamén se abordaron cuestións legais relativas á tenencia e tráfico de sustancias.
En calquera caso, as drogas e alcol non deben ser unha elección para o tempo de ocio, instando ó alumnado a apostar por un ocio responsable, baseado en hábitos de vida saudables.