Obradoiro Educación Afectivo-Sexual
Enviado por anabelenfernand... o Xov, 26/03/2020 - 12:34
No mes de febreiro Isabel e Icía, do centro Quérote Máis, impartiron un obradoiro de Educación Afectivo-Sexual ó alumnado de 3º da ESO. Na actividade abordáronse cuestións de tipo preventivo en materia de educación afectivo-sexual pero tamén aspectos vencellados coa afectividade e as relacións de parella (orientación e identidade sexual; promoción do diálogo, asertividade e empatía nas relacións de parella; abordaxe dos límites e responsabilidade persoal nas relacións). Trátase de proporcionar información fiable que permita ó alumnado vivir a sexualidade/afectividade de maneira satisfactoria e responsable, dotando de estratexias e coñecementos neste sentido.