Saltar navegación.
Inicio

Muro da Paz - 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Como cada ano, o 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Declarado no 1964, a iniciativa xurdiu de forma independente por parte do profesor Llorenç Vidal, como un xeito para promover a educación na tolerancia, solidariedade, concordia, respecto ós dereitos humanos, a non violencia e a paz. O día elixido para a conmemoración coincide ademais co falecemento de Mahatma Gandhi o 30 de xaneiro de 1948.

Como exemplo de entendemento e unión, o alumnado dos distintos cursos elaboraron o Muro da Paz, decorando caixas a modo de ladrillos, nos que plasmaron palabras e frases vencelladas coa convivencia e non-violencia.

Entre todos e todas podemos construír muros de paz, só temos que poñer da nosa parte e ter en conta as cuestións que indica o noso alumnado na súa construción como elementos fundamentais para unha convivencia positiva e enriquecedora: amabilidade, amor, amizade, unión, sorriso, ledicia, empatía, igualdade, respecto, mesmos dereitos...