3º ESO - Canción de primavera medieval
Enviado por ruben.noguerol o Mar, 22/02/2011 - 17:51
A Spring song é unha canción medieval inglesa que fai referencia á chegada da primavera. Nesta canción imos poñer en práctica o emprego dunha das formas de acompañamento instrumental máis antigas que existen: o Bordón, que consiste en acompañar no baixo cunha nota constante ou cun ritmo insistente. Aquí entraríamos xa a falar do Ostinato, outro término musical que fai referencia a unha forma de acompañamento moi habitual.
O Bordón (ou bordóns) é empregado na nosa gaita galega, onde se coñece co nome de roncón.
Escoitade o audio que vos xunto para que saibades como ten que soar a melodía.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
A spring song_Canción medieval.doc | 71 KB |
Spring song.mp3 | 714.38 KB |